COMITÉ AGROGANDEIRO

O pasado día 20 tivemos a segunda reunión do Comité Agrogandeiro do noso centro. Dito organismo, tenta ser un instrumento de organización e planificación de toda a xestión do horto e do galiñeiro escolar. O alumnado que, por vontade propia, quixo participar en dita organziación, reúnese mensualmente no tempo de lecer despois do comedor para levar a cabo todo este asunto. 

 

  

Elxs mesmxs, guiadxs polo profesorado, son xs que propoñen ideas, plantexan necesidades... As alumnas de 6º son as encargadas de redactar as súas propias actas das reunións levadas a cabo!!

 

  

Entre os puntos do día podemos destacar as funcións da comisión, o establecemento de reunións periódicas, detección de necesidades (mercar comida para as pitas, limpar o horto...). 

 

 

 

"Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!" (Benjamin Franklin).

 

grupoecuador2022 [licensed for non-commercial use only] / INICIO

CHRISTMAS CRAFTS

Na materia de Arts xa comezamos coas tarefas de Nadal, que o tempo cómpre!! E queremos decorar o cole para esta época do ano tan especial.


Moitas veces durante as sesión de dita materia, escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación e afianzar palabras e pequenos conceptos. Tamén, colabora con nós nas nosas clases de Arts, Parveen a auxiliar de conversa, que acude ao centro os mércores e venres.

 

Estivemos a pintar unha galletiña de xenxibre, un Santa Claus coas pernas mooooi longas e as bolas que adornarán unha árbores moi especiais...

 

GALERÍA DE IMAXES

Navidad GIFs - Get the best GIF on GIPHY

 

IT´S CHRISTMAS TIME!!!

XXVII CERTAMEN FERTIBERIA

O alumnado do 1º e o 2º ciclo de Educación Primaria participou na XXVII convocatoria do Certamen Fertiberia de Pintura Rural Infantil.

 

 

Neste caso fixeron diferentes debuxos inspirados no mundo agrícola e relacionados coa natureza, as plantas, o seu crecemento e a súa función á hora de xerar alimentos. Dito concurso ten un gran éxito de participación dende a súa creación en 1996. Con esta iniciativa ponse en valor o ámbito rural animando ao alumnado a sentirse comprometido con seu entorno natural.

Mirade as súas obras de arte!! Desexámoslle moita sorte aos nosxs artistas!!

Debuxos realizados por 1º e 2º de Educación Primaria

 

Debuxos realizados por 3º e 4º de Educación Primaria.

 

ENLACE CERTAMEN FERTIBERIA

NOVOS LOGOTIPOS DO NOSO COLE

Estamos encantadxs de presentavos o novo logo do noso cole. Empregando o mural que ilustra a entrada ao centro, recortamos a cara de Rosalía de Castro e elaboramos este logo que xa forma parte da nosa páxina web.

Tamén, elaboramos o do comedor, o do horto, o galiñeiro e o da nosa biblioteca coa mascota da mesma, elaborada o curso pasado polo alumno Hugo Lagoa Sánchez, que foi a máis votada polo alumnado entre  todas as que se presentaron. Foi denominada Morcego Plata e así de bonita queda no novo logotipo. 

 

  

OBRADOIRO IGUALDADE

Durante o mes de novembro e, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra á violencia de Xénero (25 de novembro) a ANPA organizou unha serie de obradoiros para traballar contidos relacionados coa coeducación dentro do programa "Rimando pola igualdade". 

  

 

Rimando pola igualdade é un programa que intenta integrar a todos os axentes educativos implicados na comunidade educativa na loita pola erradicación das desigualdades e na sensibilización en materia de igualdade, como canle para a consecución dunha vida plena.

Entendemos que a educación en igualdade é fundamental á hora de previr futuras situacións de violencia e debe comezar desde os primeiros anos de escolarización.

Este proxecto está motivado pola vontade de implicar ao alumnado como axente de cambio. Para todo isto, propoñéronse 3 liñas de actuación: os obradoiros de sensibilización en materia de igualdade, a escola de familias e o encontro aberto de cultura comunitaria, o contacontos Estrafalaria, con Atenea García que terá lugar este venres 24 ás 15.00 no centro sociocultural e que estará aberto a toda a comunidade educativa.

 

As sesións tiveron lugar entre os días 2 e 17 deste mes. A primeira semana dita actividade estivo destinada ao alumnado de Educación Infantil e, nas sesións sucesivas, Blanca a educadora que levou a cabo dita tarefa, estivo a traballar con Educación Primaria organizando diferentes grupos de traballo.

En Educación Infantil traballou os contidos a través de dous contos: O Monstro Rosa e O teu corpo é teu. O primeiro deles, permite avrir un mundo de posibilidades daquilo que é diferentes, trballando na asunción da diferenza como algo positivo. A través de dinámicas musicais afondamos no coñecemento corporal, e presentamos o conto O teu corpo é teu, que permite comezar a traballar o coñecemento corporal, os límites e o consentimento dende idades temperás.

    

Con 1º e 2º ciclo de xeito lúdico e participativo, afondamos na cuestión dos esteriotipos e roles de xénero. A través de varios obxectos inspiradores, o alumnado en pequenos grupos tiveron que inventar personaxes e novos usos para os obxectos. Deste xeito, os resultados foron abraiantes, imaxinaron, por exemplo, a un policía cuns zocos rechamantes!!

Na segunda parte traballamos na cuestión da identidade e da expresión de xénero e coñecemos persoas de diferentes culturas (italiana, mexicana, india...).

  

 

 

 

O alumnado do 2º e 3º ciclo estivo a traballar co xogo Dixit, un xogo de cartas ilustradas co que traballaron a narración e a imaxinación. Debían expresar os sentimentos e inquedanzas que lle evocaban ditas cartas, para reflexionar sobre comportamentos sexistas. Traballaron a diferencia entre sexuación e sexualidade, centrándose nas relacións interpersoais. 

 

Con esta actividade tamén contribuimos a traballar o seguinte ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030

ODS - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

GALERÍA DE IMAXES

CAMPAÑA | NON á violencia de xénero | Mujeres en Galicia

 

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE THEO

O venres día 10 iniciamos a actividade "Conto en familia", que como en cursos anteriores, ten lugar un venres ao mes. 

Neste caso foi Yolanda, a nai de Theo de Educación Infantil, quen visitou a nosa biblioteca para presentarnos en primicia o conto que acaba de publicar titulado O misterio do tulipán. O curso pasado xa nos presentara o manuscrito do mesmo e agora enseñounos o conta xa editado. Encantounos. 

Logo da lectura, estivemos a facerlle algunhas preguntas sobre o libro, sobre cando e como comezou a escribir...

Ademais, de todo iso, desvelounos outra gran sorpresa!! Oxalá, este conto sexa o primeiro de moitos outros. 

 

Estamos desexando ter o teu conto na nosa biblioteca!!

Moitas grazas por vir a compartir un ratiño con nós. 

 

 
 

AUTUMN CRAFTS

Na materia de Educación Plástica e Visual (para nós Arts) estivemos a facer diferentes manualidades de outono empregando como recurso principal as nosas mans.

Empregando témperas, pintamos as nosas mans para realizar monstruosas arañas e cabazas de Samaín.

 

 

Tamén, realizamos árbores mesturando diferentes cores.

 

Por último, estamos a elaborar un ourizo cooperativo entre o alumnado e o profesorado do cole.

 

 

Os nosos corredores lucen moito máis bonitos coas nosas obras de arte.

 

We hope you like them very much!

GALERÍA DE IMAXES

 

BOLETÍN FAMILIAR NOVEMBRO

A UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos) edita un novo boletín de información e formación familiar para o mes de novembro. Nesta ocasión, o tema é "Decálogo para que os irmáns teñan boa relación". Esta iniciativa está adscrita á Concellería de Sanidad e, cada mes aborda unha problemática distinta.

No seguinte documento podedes consultar toda a información, así como tamén, podedes coñecer diferentes canles de comunicación con dita Unidade.


SAÍDA A "CASA DA FONTE"

O pasado 6 de outubro realizamos unha saída a granxa escola Casa da Fonte, situada en Mañente. Alí, desfrutamos dunha xornada lúdica observando a natureza e os distintos animais que alí conviven (galiñas, porcos, cans, vacas, cabalos...).

Xosé, o encargado, guiounos pola granxa a medida que nos ía ensinando algunhas cousas que non sabiamos. Díxonos que tiña 19 cans!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

OBRADOIRO POSTRES TERRORÍFICOS

O día 30 de outubro todo o alumnado do centro participou nun obradoiro de elaboración de postres terroríficos a partir das 13:30 horas.

As súas elaboracións serviron de sobremesa para ese día no comedor.

 

 

Así quedaron as nosas creacións! Clicade na galería de imaxes para ver o resultado.

Fixemos: Cabazas estrañas, A mazá con boca, Os plátanos pantasma, Os ollos tolos, O tarado verde ollo loco e As mazás tolas.

 GALERÍA DE IMAXES

 

 

Distribuir contido