FIN DE CURSO 2024

Finalizamos este ano escolar con éxito e ledicia! Desexámosvos unhas BOAS  VACACIÓNS porque aínda que co tempo que temos non o parece, ESTAMOS  NO  VERÁN!!

Así que o que toca agora é disfrutar do verán e das vacacións pois chegamos ao final do curso e é hora de que xs nenxs poidan pásalo ben sen preocuparse de estudar (aínda que sería ben que non se olvidaran de todo).

Por aquí vos deixamos o cartel das actividades que programamos con moita ilusión para a última semana deste curso 2023-2024 e algunhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos!

 

Comezamos a semana co espectáculo de maxia educativa en inglés a cargo da compañía Magia en la Manga. Grazas ao mago Charles Munro, puidemos descubrir diferentes trucos de maxia típicos de diversos países como China, Estados Unidos... 

   

         

   

 

Fixo desaparecer e teletransportar obxectos, cambiaba os panos de cor...Incluso lía a nosa mente!!

   

 

Quedamos abraiadxs coa súa maxia!!

Pared Magia Evocar - GIF gratis en Pixabay - Pixabay

 

Como xa sabedes o día 20 viaxamos ata A Coruña, a continuación podedes consultar toda a información sobre a saída. Pasámolo xenial!!!

 

Se premedes na seguinte fotografía poderedes acceder ao vídeo cas fotografías da nosa excursión de fin de curso!

 

Tamén, vos deixamos por aquí algunhas fotos das actividades realizadas o venres. Xogamos, bailamos e decoramos as nosas bolsas de tea para levar todo o noso material de volta a casa. Quedaron xenial!!

   

   

 

Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio. Todas teñen un principio e un final e hoxe, é o final da etapa de Andrea, Daniela, David, Hugo, Mª Aurora e Mª Luisa no noso colexio. Na biblioteca do noso centro fixemos un acto de graduación para despedir aos nosos compañeirxs! Visualizamos un vídeo de fotos do seu paso polo cole e a súa titora e a directora entregáronlle un detalle de despedida. Foi un momento moi emotivo!

   

 

    

 

Danos moita mágoa que marchedes, pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeirxs!

Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón. 

Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

 

FELIZ VERÁN! VÉMONOS EN SETEMBRO!

AGRADECEMENTO DA ONG "HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS"

Queremos compartir con toda a comunidade educativa do noso centro o agradecemento que nos fixeron chegar dende a ONG "Hospitaleiros sen Fronteiras" pola colaboración na campaña de recollida de fondos.

Moitas grazas a vós por darnos a oportunidade de colaborar nesta causa!! 

"Un ano máis queremos dar as grazas ao CEIP Rosalía de Castro de Bóveda pola súa xenerosidade e implicación con Hospitaleiros sen Fronteiras axudando para que os nenos talibé de Senegal teñan unha infancia digna.

Estamos moi agradecidos de corazón polas vosas orixinais iniciativas, este ano cos xabóns solidarios lograstes unha importante suma para que poidamos seguir traballando e acadando os cambios fundamentais que precisan os nenos talibé.

Non temos palabras, só darvos de novo as grazas e unha aperta inmensa dos vosos amigos senegaleses."

Imaxes do noso xabón solidario no mercadiño celebrado en Sarria o 1 de xuño.

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

CHARLA INFORMATIVA SOGAMA

O pasado día 7 acudiu ao noso centro unha traballadora da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) para impartirnos unha formación en materia de separación de residuos. 

Tamén nos explicou como funciona o complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña) no cal se centraliza o tratamento dos residuos urbanos producidos por máis de 295 concellos. Ensinounos para que sirven cada unha das súas instalacións e cal é o seu funcionamento.

 

  

 

Explicounos a regra das 3R: Reducir, reusar e reutilizar e a súa importancia para frenar a contaminación do noso planeta.

 

E, tamén, os residuos que van en cada colector.

 

 

Para finalizar, regalounos a cada un de nós un lapis infinito, que non temos que afiar!

CREAMOS O NOSO "PETE THE CAT"

Na materia de Art e coa axuda da auxiliar de conversa o alumnado do 1º e 2º ciclo de educación primaria estivo a traballar a canción "Pete the cat" baseada no conto de Eric Litwin.

 

Mestren realizamos moitas das nosas creacións escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación. Unha das súas favoritas é esta:

WhiteBoard Entertainment Studios

 

Mirade dque bonitos quedaron os nosos "Pete the cats"

  

     

         

SEMENTADO E RECOLECCIÓN

Seguimos a traballar no noso horto escolar. Estamos aproveitando a chegada do bo tempo e da primavera para seguir cos labores propias deste tempo: sementado e recolleita.

O alumnado de Infantil púxose as botiñas de auga para entrar á horta. O alumnado de 5º e 6º estivo a axudalos.

  

  


 

Unha vez estivemos listxs, estivemos a recoller amorodos e a plantar millo branco, axudadxs polos nosos mestres.

  

 

O alumnado de 5º e 6º estivo a plantar tamén, millo branco e patacas.

  

  

  

 

Tamén, estivemos a colocar os carteis que elaboramos en Proxecto Competencial sobre os diferentes produtos que plantamos.

  

   

 

Queremos agradecer a colaboración da familia de Triana que nos axudou a labrar o horto para poder sementar. Moitas grazas!!

Unha xornada moi enriquecedora! Aprendemos a través do noso entorno!

LECTURAS AO AIRE LIBRE

A pasada semana comezamos, debido ao bo tempo que nos acompañou, as lecturas ao aire libre na zona verde do noso patio que, grazas ao Obradoiro de Emprego do noso Concello está desbrozada e lista para usar.

  

 

Ler rodeado de natureza é moito máis entretido e gústanos moito. Esperamos que o curso que vén o bo tempo comece antes e poidamos empregar esta zona tan interesante moitas máis veces.

  

  

 

FIN DO PROXECTO "PROTAGONISTA DA SEMANA"

Xa sabedes que este curso escolar, ademais do horto e do galiñeiro, levamos a cabo en infantil o proxecto "PROTAGONISTA DA SEMANA"  a través do que se traballaron os contidos curriculares da etapa. Esta iniciativa remata logo de comezala con moita ilusión no mes de outubro.

A participación das familias foi un dos eixes fundamentais do proxecto.

No mes de marzo, xa compartimos algunhas fotos das actividades realizadas e agora, unha vez rematado o proxecto, queremos amosar as fotos das propostas de actividades que faltaban por realizar.

Queremos agradecer a implicación de todas e cada unha das familias:

As actividades que trouxestes foron variadas e moi interesantes, pero o máis importante de todo foi o cariño e a ilusión coa que vos achegates ao cole a compartir con nós esta experiencia.

 

 

Familia de SOFÍA: "Carreira de vermiños de papel".

 

 

Familia de CLARA: "Obradoiro de Slime"

 

 

Familia de MIRANDA: "Experimentos científicos e xogos de inxenio".

 

 

Familia de ARIADNA: "As nosas mans".

 

 

Familia de DANIELA: "Decoración de abanos".

 

 

Familia de TRIANA: "Imáns decorativos"

 

 

 

Familia de JORGE: "Xardín nocturno con luz negra".

 

 

 

 GRAZAS POR TODO!!

SODES XENIAIS!!

 

 

 

 

ACTIVIDADES MUSICAIS

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a ensaiar dúas cancións na materia de Música e Danza co mestre Adrián.

A primeira delas podédela escoitar premendo na seguinte icona. Titúlase "O estraperlo", unha versión en galego do grupo Fuxan os ventos.

 

"O salón das cereixas" é a segunda canción que interpretaron, nesta caso de Xavier Díaz, como agasallo polo día da nai.

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN MOITO!!!

EXPERIMENTAMOS CON MESTURAS

Na materia de Ciencias da Natureza o alumnado de 1º e 2º estamos a estudar todo o relacionado ca materia e as súas propiedades.

 

Un dos contidos da unidade son as mesturas, entendidas estas como materiais formados por dúas substancias. Saímos ao patio do noso cole aproveitando o bo día que facía e puxémonos a experimentar con agua, aceite, vinagre, cacao e pedras.

 

Aprendimos a diferenciar mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Observamos que as mesturas homoxóneas son aquelas nas que non se poden distinguir a simple vista as substancias que as forman. Para eso, diluímos cacao en auga. Nas heteroxéneas si que se poden distinguir as subtancias, comprobámolo diluíndo agua e aceite.

  

 

CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE MAIA

O pasado venres día 24 tivemos a derradeira sesión de "Conto en familia" deste curso. Neste caso, a encargada de realizar esta actividade foi a familia de Maia de educación infantil.

 

Neste caso, poderíamos dicir, "Canto en familia", xa que Verónica e Martín presentáronnos a canción que compuxeron sobre o Oso de Salcedo, festividade que estiveron a traballar o alumando de infantil durante o presente curso.

 

A idea de compoñer unha canción sobre o Oso xurdiu entre o propio alumnado de infantil e, como os seus desexos son ordes... aproveitando as boas ideas de Martín e Verónica e a súa colaboración co noso cole; e a idea fíxose realidade!!! Adrián, o mestre de música estivo a ensaiar a canción con todo o alumnado e o venres cantámola varias veces acompañadxs do clarinete, da gaita e da pandeireta.

  

 

Agora, Martín acudirá ao centro proximamente a intentar grabar con nós a canción O Oso de Salcedo. Aquí vos deixamos a letra.

 Letra e música: Martín Vázquez García (2024).

 

 

 

Distribuir contido