BENVIDXS AO CURSO 2024/2025

BENVIDXS Ó NOSO COLE!

DE VOLTA Á NOSA ESCOLA!!

Este mércores comezou de novo o cole.

Que alegría vernos de novo e recibir aos novos compañeiros e compañeiras que se incorporaron á nosa aula de educación infantil.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos das actividades destes primeiros días.

 

PRINCIPIO DE CURSO

A continuación, poderedes consultar a relación de material escolar por aulas para o curso 2024-2025 así como tamén, as datas das reunións inciais por titorías. 

 

 

 

CLICA AQUÍ PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. 

 

 

BENVIDXS AO CURSO 2024-2025!!! 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

PRAZO DE MATRÍCULA ABERTO

  

Recordamos ás familias de todo o alumnado de nova admisión que do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula. 

 

Nos seguintes enlaces podedes decargar os impresos que hai que cubrir, tamén están a vosa disposición de maneira impresa no centro:

 

 

 

Importante Gif Animado

  

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FACER USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025

cubiertos de plata ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FACER USO DO  SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

 

Girl Power Aviso Sticker by besomeone_world

Nos seguintes documentos adxuntos tedes toda a documentanción necesaria para facer a solicitude de uso do servizo. 

Podedes recoller os impresos no centro ou ben, descargalos directamente dende o presente anuncio. Ditos impresos, deberán entregarse no centro (do 24 de xuño ao 15 de xullo; ou a primeira semana de setembro).

Para facilitarvos o cáculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, na páxina web da Consellería incorporouse unha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar. O acceso a dito recurso está dispoñible no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp 

 

Premendo nos seguintes anexos atoparedes toda a información relativa ao comedor escolar:

 

 INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE O COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

 

 MODELO DE AUTODECLARACIÓN. (Entregar cuberto no centro).

 

 ACLARACIÓN SOBRE O CÁLCULO DA RENTA ANUAL PER CÁPITA.

 

 

 INFORMACIÓN PARA O PERSOAL COLABORADOR NO COMEDOR DURANTE O CURSO 2024-2025.

Todos os membros da comunidade educativa que desexen colaborar de maneira voluntaria nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2024-2025 deberán anotarse no centro dende o día 25 de xuño ao 1 de setembro).

 

 

 

PINTAMOS MACETEIROS

Aproveitando o bo tempo que tivemos estes días na materia de Art estivemos a decorar os maceteiros que habia na entrada do cole e, que co pasado do tempo estaban un pouco descoidados. 

 

 

Primeiro, o persoal do Obradoiro de Emprego do Concello colocounos no lugar onde queriamos que estiveran. Decorando a entrada do noso cole! Moitas grazas!!!

O primeiro paso foi limpalos e darlle unha capa de pintura branca

 

Por último, empregando diversas cores decorámolos e o resultado é xenial!

   

 

Reutilizamos os maceteiros e agora relucen moito máis bonitos!!

   

 

Colores Pintura Sticker

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA AO IES FRANCISCO DAVIÑA REY

O pasado día 11 o alumnado de 6º de primaria do colexio estivo hoxe de visita no IES Francisco Daviña Rey que será o seu seguinte centro educativo. Alí coñeceron tamén aos alumnos e alumnas de 6º do CEIP Plurilingüe da Pobra de Brollón e do Plurilingüe de Monforte de Lemos que serán os seus compañeirxs en 1º da ESO.

 

Comezaron a visita cunha charla informativa na biblioteca impartida pola orientadora do centro, quen lles ensinou as aulas e outras instalacións do instituto.

  

 

Tamén realizaron un obradoiro de primeros auxilios co alumnado do Ciclo Formativo de Coidados auxiliares de enfermería.

 

Esperamos que esta visita fora produtiva e que lles vai moi ben no seu futuro como estudiantes de secundaria!

 

Distribuir contido