Skip to Content

Día de Rosalía

PASE DE FOTOS POLO DÍA DE ROSALÍA 2020

Álbum: CURSO 2019-2020 -> Photocall polo Día de Rosalía 2020

Lembras que hai uns días che contabamos que iamos celebrar como se merece o Día de Rosalía? Pois fixemos todo o que che contamos e aquí deixamos unha mostra dunha das actividades: o pase de fotos.

Por certo, non deixes de mirar a fachado do colexio onde destacan os carteis elaborados en homenaxe a nosa poeta universal.

A HISTORIA DUNHA ESTRELA

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Día de Rosalía

Como ben sabedes, o 24 de febreiro estivo de aniversario Rosalía de Castro, e na clase estivemos aprendendo máis cousiñas sobre ela. Algo sobre a súa vida, os poemas máis famosos, o amor pola terra...

E sabías que?

Rosalía ten unha estrela que leva o seu nome, o que nos deu pé a crear a nosa propia constelación!

Con todo isto, quedamos con ganas de máis, así que aproveitando que o 8 de marzo é o día da muller, seguiremos a estudar un pouco máis sobre esta nova estrela que brilla no ceo: Rosalía de Castro!

PARABÉNS, ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro Rosalía de Castro estivo de aniversario, e para festexalo, os nenos e nenas de 3 anos fixemos moitas actividades adicadas á figura de Rosalía: Pensamos nas nosas palabras favoritas en galego, pintamos caretas e ata posamos nun photocall que había na biblioteca do centro.

SESIÓN DE FOTOS DÍA DE ROSALÍA 2018

 

Levamos uns días debuxando, cantando e recitando a Rosalía. Preparamos unha chea de carteis para decorarmos as fiestras do colexio. Se vos fixades, nalgúns deles poderedes ver versos, títulos e palabras dos poemas da nosa poetisa. Ademais de todo iso, con algúns dos carteis acudimos á biblioteca para participar nunha sesión fotográfica (photocall) sobre o evento. Podedes gozar das instantáneas premendo na imaxe.

#AbrideAFiestra

Distribuir contido


by Dr. Radut