Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA #AbrideAFiestra

Como ben sabedes, o 24 de febreiro, celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), escolleron o lema #AbrideAFiestra e propoñen unha serie de actividades ás que nos imos sumar, engadindo outras da nosa colleita.

A canción de Rosalía pequeniña de Uxía

Podédela ver nos Rakontos ou premendo na imaxe.

Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa

Usaremos carteis coma estes (premede para descargar pdf):

  • Debuxo da fiestra para escribir poemas.

  • Máscara de Rosalía para EI.

  • Máscara de Rosalía para EP.

Photocall con versos de Rosalía

Iremos poñendo as imaxes na nosa páxina. Estade atentos e atentas.



page | by Dr. Radut