Skip to Content

Día de Rosalía

HOMENAXE DA AELG A ROSALÍA

Bea Maceda, mestra do noso colexio, escribiu e leu o manifesto no acto en homenaxe á nosa poeta universal.

 

A SEMANA DE ROSALÍA EN 4º B DE EI

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 4ºB E.I.

O vindeiro xoves 24 de febreiro celebramos un aniversario moi especial, a nosa poetisa por excelencia: ROSALÍA DE CASTRO.

Toda esta semana estamos con actividades encamiñadas a coñecer un pouquiño máis a esta escritora. 

Descubrimos que a súa flor favorita eran os "pensamientos", moi bonita, por certo. Nós, tamén, plantamos unha na súa honra.

 

POEMA MUSICADO DE ROSALÍA DE CASTRO #TEUSDOCESCANTARES

CABE DAS FROLES ft. CEIP RC

Lembras que para o Día de Rosalía estivemos a memorizar un poema seu en todas as clases? Pois entramos no estudo de gravación e saíunos un hip hop.

Dálle ao play para escoitalo!

BUSCA DO TESOURO CON ROSALÍA

Álbum: Educación Infantil 2020-2021 -> Busca do tesouro

Estamos celebrando o "Día de Rosalía de Castro" e a colación disto, fixemos unha busca do tesouro, onde os rapaces e rapazas tiveron que superar diferentes desafios, relacionados coa lóxica matemática e lectoescritura, para conseguir as diferentes pistas sobre onde estaba o tesouro, nesta caso, custodiado por Rosalía de Castro. Disfrutaron moitisímo!

Distribuir contido


by Dr. Radut