Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA #TEUSDOCESCANTARES

Álbum: CURSO 2020-2021 -> Día de Rosalía 2021

Como ben sabedes, o 24 de febreiro, celébrase do Día de Rosalía. Desde a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), este ano escolleuse o lema #TeusDocesCantares.

A canción de Rosalía pequeniña de Uxía

Podédela ver nos Rakontos ou premendo na imaxe.

Decoración das fiestras na honra da nosa poetisa

Veredes un cartel nunha fiestra de cada clase coas seguintes mensaxes:     

  • As letras “Rosalía de Castro”.
  • As letras coa data do día.
  • Fragmentos de versos de Rosalía.
  • O hagstag: #TEUSDOCESCANTARES.
  • Cara de Rosalía. Aquí tendes o pdf para descargalas.

Logo de elaborar o seu cartel, cada clase, colocará o cartel elaborado no cristal da ventá da aula máis preto da porta para decorar a fachada.

Photocall con versos de Rosalía

Este ano, por provención, non realizaremos o pase de fotos.

Memorización do poema Cabe das froles a nena

Todas as clases aprenderán esta fermosa composición, coa que imos realizar unha montaxe musical. Tes que estar pendente!

Cabe das froles a nena

canta alegre o seu cantar,

i é branca comoa azucena,

pálida como o luar.

E onde a boquiña, un lunar

gracioso lle dou Dios, tan feito, tanto,

que é de todos o encanto.

 

Cor de luar..., ¡qué cor lindo!,

uns ollos cal noite escura,

labios que falan sorrindo,

i aquel sinal... Fermosura

máis, non cabe en criatura

que a Dios quixo darche, linda rosa,

doce, casta e preciosa.

 

 

Ser amada, ése é o teu sino,

amada cal n'outra houber,

e ¡qué dichoso destino!:

ser querida e ben querer.

Ei a ambición da muller

e o soio ben que buscan sin medida

nesta mísera vida.

 

Pero, nena alunarada,

¿sabes o que o refrán di?

Que é en amores desdichada

a que un lunar ten así.

E tamén din que o eres ti,

a pesar das risadas dos teus labios

que non saben de agravios.

 

En boa hora ou en mal hora,

que nesto de namorar

tamén se mete a traidora

mala sorte de traballar.

E métese a enfeitizar

corazóns inocentes e almas puras

n'afeitas a amarguras.

 

¡Ai da nena alunarada,

pálida como o luar!

Cómo canta o seu cantar

tan serena, e sin pensar

que á que lunares ten, fertuna esquiva

lle ha de ser mentras viva.

 

Alegre e dichosa canta

aquela linda canzón,

que trai á súa mente tanta

querida recordazón,

que asín é coma oración

que a ialma, triste, como amor marmura

pedindo a Dios ventura.

 

I ela non pensa, toliña,

e non maxina a coitada

que mal tras do amor camiña

e ten fertuna menguada

a que nase alunarada:

que a que ten un lunar tan primoroso

nunca terá reposo.

 

Tan sóio te agardan penas,

linda rosa a do lunar;

as grandes tras das pequenas,

unha tras outra a chamar

á túa porta han de chegar;

que naide, tal é a forza do destino,

naide torce o seu sino.



album | by Dr. Radut