Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

MATERIAIS PARA AS LETRAS GALEGAS 2022

Premendo na foto poderás acceder a unha chea de materiais para traballar a figura de Florencio Delgado.

O MURAL ENKI DO NOSO COLEXIO

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Mural ENKI

A Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.

Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro do portalón do lado dos Mariñeiros, pola parte de dentro.

Máis info premendo nesta imaxe.

PREMIOS DO VIVEIRO EXPRESS DO 2º TRIMESTRE

Pois con todos os papeis entregados que atoparona frase agochada no barullo de letras, xa tivo lugar o sorteo dos premios (unha mochila cunha taza, un estoxo ou unha memoria USB; todos eles  exclusivos do CEIP RC). 

A man inocente do alumnado de 6º de Infantil extraeu os gañadores de entre todos os entregados. Parabéns!

  • Marco López Rodríguez de 6º A de EI.
  • Lucía Tomé Roca de 6º A.
  • Safi Ullah de 6º B.
  • Milagrosa Niabe de 1º B de EP.
  • Denise Soriano Acebedo de 2º A.
  • Ana Isabel Ndong de 4º A.
  • Jacob Cascallana Urbina de 4º A.
  • Abdou Ba de 4º B.
  • Izan Román Sánchez de 5º A.
  • Raúl Barral Sánchez de 5º A.

Por certo, a frase escondida era.

NON Á GUERRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut