Skip to Content

SAMAÍN 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Samaín 2022

Acceso directo á galería de imaxes do cole!

Hoxe celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Desde a semana pasada, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade e neste venres tocaba disfrazarse. Bótalle un ollo as imaxes de enriba!

 

Durante toda a mañá, por clases, tamén fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

 

E non esquezas que aínda está pendente de resolución o concurso de relatos Dáme medo, organizado pola biblio!

VOTA POLA NOSA PROPOSTA

COMPARTE E VOTA POLO NOSO COLE!

Temos unha proposta imprescindible nos orzamentos participativos do concello: A MELLORA DO PAVILLÓN do centro.

Preme na imaxe de enriba e vota a nosa proposta.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 

Ábrese o prazo de inscripción nas seguintes actividades extraescolares que ofertamos a través da Federación de Anpas e do Concello. 

Todas as inscricións faranse online na web http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para inscribirse tede en conta o seguinte: 

- Tedes que ser soci@s da Anpa (podedes facervos socios premendo aquí)

- Hai que aboar 4€ por nen@ en concepto de seguro, con independencia do numero de actividades ás que acuda, que se cargará no número de conta facilitado no formulario de inscrición.

As persoas beneficiarias da bolsa comedor están exentos do pago da cota da actividade, non así do seguro de accidentes.

Tamén comentar que igual alguna actividade non se chega a facer senon chegamos ao mínimo de 10 nenos.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 12 ao 18 de setembro de 2022.

 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 3 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 22/23 nos seguintes períodos:

• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 45€ por Inglés.

• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva/obradoiro / 30€ por Inglés.

 

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos. 

MANITAS. Expresión Plástica e Manualidades

Combinación de diferentes artes plásticas desenvolvendo a creatividade e imaxinación así como o potencial artístico de cada neno ou nena á través da manipulación e experimentación con diferentes materiais e técnicas.

 

COMECOCOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

XENIOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento. 

 

 TEATRO. Dramatización

 Experimentar o pracer de facer teatro, mediante o xogo escénico, a improvisación e a   aprendizaxe de técnicas teatrais, desenvolvendo a expresión oral e corporal e mellorando   a súa capacidade comunicativa, creativa e interpretativa, ademais de traballar habilidades   sociais.

 

SCAPE ROOM. Pensamento lóxico matemático

Xogo baseado no desenvolvemento das habilidades mentais para a solución de enigmas e problemas. Os nenos e as nenas traballando en grupo poñerán en xoga a creatividade e o pensamento crítico para ir superando diferentes probas ou retos e así resolver a proba. O obxectivo é saír dunha sala (pode ser virtual) dentro do contexto e recreación dunha historia, e para iso os xogadores deberán usar todas as súas capacidades intelecturais, creativas e de razoamento deductivo.

 

ENREDADOS. Novas tecnoloxías.

Descubrir e coñecer a utilidade e o manexo das novas tecnoloxías como ferramenta e complemento á formación dos nenos e nenas, iniciándoos no manexo básico do ordenador ou tableta e fomentando o seu uso razoable e responsable. Os contidos serán: - A introdución á informática e contorna Windows; - O procesador de texto; - Presentacións en power point ou otras app; - Internet, procuras guiadas; O correo electrónico. Os contidos desenvolveránse segundo o nivel do grupo.

NOVA DISTIBUCIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO

Preme nesta imaxe de enriba para acceder a toda a info.

Distribuir contido


by Dr. Radut