Skip to Content

Curso 2014/15

FIN DE CURSO

Despedida da promoción de 6º curso de Primaria.

O ENTROIDO EN OURENSE

OBRA DE TEATRO

MURAIS

HORTO ESCOLAR

Recolleita por segundo ano de verduras e hortalizas do horto do Cole por alumnado de 5º e 6º Primaria. Os productos foron entregados ao Cottolengo de Santiago.

SAÍDA

Imaxes da visita do alumnado de 3º de Primaria ao museo etnográfico de Lalín "A Casa do Patrón"

PLANTACIÓN ED. INFANTIL

Agradecemos unha vez máis a colaboración da nais e pais na continuación da plantación realizada no Cole, agora co alumnado de Educación Infantil.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN PARA O VERÁN

Aberto ata o 6 de xuño o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Verán.

Máis información

XOVES DE CONTO

O xoves, 28 de maio,, tivemos a derradeira sesión de "Xoves de Conto". Aquí vos deixamos algunha foto e esperamos voltar o vindeiro curso, foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

Grazas Mónica !!!

SAÍDA

Visita á Casa Grande de Xanceda dos alumnos/as de 1º de Primaria.

SAÍDA

Imaxes da visita do alumnado de 4º de Primaria ao museo etnográfico de Lalín "A Casa do Patrón"

PLANTACIÓN

A proposta da ANPA realizouse unha plantación de érbedos, loureiros e viburnum no patio do Colexio. Pola tarde un grupo numeroso de pais/nais completaron as tarefas que non poideron rematar pola mañá os cativos/as.

SAÍDA

Visita á Casa Grande de Xanceda dos alumnos/as de 2º de Primaria.

EXCURSIÓN

Viaxe de alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria a Ourense, visitando o Castro de S. Cibrao, Ribadavia, as Termas de Outariz e Ourense capital.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Realizouse unha exposición de obxectos e ferramentas relacionadas cos oficios tradicionais galegos (lembrade o video sobre as leiteiras), ademáis os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de asistir a dúas charlas: estivo o pai de Lucía Domínguez Devesa de 4 anos A, falando dos ferradores e os pais de Lola e Sara Fernández Ares, de 4ºA e 2ºA respectivamente, amosando o seu traballo coa xoiería e ourivería. En 5ºA editaron o xornal de novas agradables "O Mentireiro". Emitíronse dúas edicións especiais de Radio Furelo, unha por parte de nenos e nenas de infantil 3 anos A, que leron un poema de Xosé Filgueira Valverde  e unha entrevista ao mestre do Colexio Lourenzo, que foi alumno do mesmo. Traballouse nas aulas sobre a a vida e a obra deste autor ao que se adica o "Día das Letras Galegas 2015".

II CONCURSO DE VIDEO CREACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO

ABERTO O PRAZO DE VOTACIÓN PARA USUARIOS REXISTRADOS DE FACEBOOK ATA O 29 DE MAIO.

ENLACE Á PÁXINA DE FACEBOOK DO CONCELLO

Distribuir contido


by Dr. Radut