Skip to Content

Curso 2016/17

10 de outubro 2016 by 6ºB

Hoxe comeza a nova etapa Radio Furelo, neste curso emitese cunha periodicidade quincenal e xa podemos escoitar nun clic aos nosos compañeiros e compañeiras de 6ºB.

 


1:08 minutes (1.05 MB)

CHARLA

Profesoras de Química da USC ensináronnos a maxia que se agocha detrás do mundo da Química. Vimos como convertían moedas de cobre noutras de ouro ou prata, con elas fixemos bolas saltarinas ou cadros abstractos nun prato de leite...Unha Pasada!!

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS 18 DE OUTUBRO 17:30
4 ANOS 11 DE OUTUBRO 17:30
5 ANOS 11 DE OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B 27 DE SETEMBRO 17:30
2ºA/B  6 DE OUTUBRO 17:30
3ºA/B 4 DE OUTUBRO 17:30
4ºA/B 4 DE OUTUBRO  17:30
5ºA/B 11 DE OUTUBRO 17:30
6ºA/B 18 DE OUTUBRO  17:30

   

BENVIDOS/AS AO CURSO 2016/2017

Hoxe comezamos un novo curso. Seguro que traedes ganas de traballar arreo.

Este ano imos adicarlle o noso proxecto a continuar co estudo da historia e o legado que nos deixaron os devanceiros, en concreto, aprenderemos moitas cousas novas sobre a idade antiga: como vivía a xente no noso país naquela época, as culturas exipcia, grega e romana...

Ánimo e a traballar.

SERVIZO DE COMEDOR

O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha, o luns 12 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores.

Máis información

BECAS ALUMNADO NEAE

Publicada no BOE (06/08/2016) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 29 de setembro de 2016

Máis información

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Listado de alumnado e horarios do período de adaptación en Educación Infantil de 3 anos para o curso 2016/17.

RECOLLIDA DE VALES

A partir de mañá, 7 de xullo, poden recoller na secretaría do Centro en horario de oficina, de 9 a 14, os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Apertura dos prazos de matrícula dos Servizos de Comedor e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017

Prazo de matrícula: do 27 de xuño ata o 11 de xullo 2016 (ambos os dous incluídos)

Lugar: O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

Máis información

REUNIÓN NOVO ALUMNADO 3 ANOS

Convócase aos pais/nais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro martes 28 de xuño ás 10 h.

SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR E OUTRAS CURSO 2016/17

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares  para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2016/2017.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (ATA O 21 DE XUÑO)
 Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
 
Máis información e impresos
Distribuir contido


by Dr. Radut