Skip to Content

Curso 2019/20

RECOLLIDA VALES

A partir do martes, 2 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos.

MATRÍCULA COMEDOR E MADRUGADORES

Aberto do 25 de xuño ao 22 de xullo o prazo para solicitar o servizo de comedor e madrugadores do curso 2019/2020

Máis información

REUNIÓN NOVO ALUMNADO

Convócase aos pais/nais, titores/as legais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar no Centro o mércores 26 de xuño ás 10 h.

BECAS COMEDOR, MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Publicación da convocatoria do Concello de becas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2019-2020

As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP do 23/05/2019)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2019 (incluido)

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación  dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2019/20. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

ENLACE WEB CONSELLERÍA                              SOLICITUDES ANEXOS I E II

Distribuir contido


by Dr. Radut