Skip to Content

Curso 2016/17

XOVES DE CONTO

Este xoves 26 tivemos a segunda sesión de "Xoves de Conto". Mónica contounos o conto " A Grande Viaxe",  encantounos e rematamos facendo un orixinal debuxo en 3D!

MANNEQUIN CHALLENGE

SAÍDA

Organizado polo Auditorio de Galicia, o alumnado de 2º de primaria acudiu á representación da compañía de títeres Cachirulo "O libro da Selva" no Teatro Principal. Antes poideron ver unha fermosa exposición. Esta actividade terá unha continuación no Colexio xa que a mesma compañía desprazarase para realizar unha sesión didáctica ao mesmo alumnado.

XOVES DE CONTO

Hoxe iniciamos as sesións de contacontos dos xoves tarde! Grazas Mónica Fernández por continuar colaborando con esta actividade! O conto de hoxe foi "El mejor regalo de cumpleaños del mundo", podedes ver nas fotos o ben que o pasamos! Despois construimos a nosa marioneta de pau! Xenial!!

CONTO DE REIS by 3ºB

Comezamos o ano cun conto de Reis que nos ofrecen os alumnos/as de 3ºB


2:51 minutes (2.61 MB)

GAÑADORES CARTAS DE NADAL

Noraboa a Lucas e Damián de 4ºB, gañadores do concurso de cartas de Nadal organizado polo Concello.

Acceso á nova

Fotos da entrega de premios

CALENDARIO 2017 (CLIC NO MES PARA AMPLIAR)

   
   
   
   
   
   
   

BO NADAL

VISITA DO APALPADOR

O Apalpador repartindo caramelos e ilusións.

19 de decembro 2016 by 4ºA

Os alumnos e alumnas de 4ºA de primaria fálannos dos personaxes do Nadal.


6:54 minutes (6.32 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Percorrido histórico de 6º de primaria pola cidade co obxectivo de identificar os principais períodos históricos presentes na configuración da cidade. Programa do Concello "Vivir Santiago"

"NON TE QUEDES AÍ: VEN XOGAR" (Decembro 2016)

Anxo, de primeiro de primaria,  sorprendeunos cun xogo "ancestral": o peón, peonza ou trompo,... que é moi curioso porque aprender a bailar o trompo non é nada sinxelo, pero é moi divertido. Require: atención, paciencia, observación, análise, destreza, esforzo e perseverancia... Jesús! Parece que estiveramos a falar das mates de sexto de primaria!!!
Atréveste!! 
Pídelle aos reis o teu trompo e botamos unha partida á volta de Nadal!! Que!! Vai!!

5 de decembro 2016 by 4ºB

Os compañeiros/as de 4ºB fálannos dos ditos populares en galego. Escoitade!


3:13 minutes (2.96 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita didáctica do alumnado de 6º de primaria á clínica veterinaria Can Cat

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todo o Centro participou nunha experiencia para chamar a atención contra a violencia: Realizamos unha "Mancha da vergoña" que á semana seguinte quitaron representando a idea  de evitar que alguén faga dano a outros e denuncialo. Os alumnos/as de 6ºA e 6ºB realizaron unha pancarta para concienciar ao alumnado e ás familias

COMEDOR ESCOLAR

Servizo de comedor escolar no CEIP Ramón Cabanillas, acceso á nova publicada:

 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

CANDIDATURAS ELIXIDAS

Representantes de pais/nais
Lorena Boga Veiras
Laura Grandío Rodríguez
Representantes do profesorado
Mª Teresa Castro Parga
Rosa Mª Vicente Álvarez
Josefa Vigo Lancho
Representante do persoal de administración e servizos
Mª Victoria Castrelo Paz

XORNADA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CONTACONTOS

Para o alumnado de 1º houbo un contacontos sobre os refuxiados no mundo de catro voluntarias de "Médicos sen Fronteiras". Tratou sobre a idea de compartir, de respectar as diferencias e incluso sacarlles partido...

Entrevista ao Dire by Radio Furelo 5ºA

Anan, Dani e Celia de 5ºA entrevistan a Xosé Manuel Barreira, o noso Dire.


3:14 minutes (2.96 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut