Skip to Content

Curso 2021/22

EDUCACIÓN VIAL

 

   Como en cursos    anteriores, membros da Policía Local ofreceron unha charla didáctica sobre educación vial ao alumnado de 4ºA e 4ºC de Educación Primaria.

Preme na imaxe para ver as fotos               

SAMAÍN

Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.

Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 

Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas

(preme na imaxe)

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

SORTEO PÚBLICO, DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2021

A Xornada de votacións para designar aos membros da Xunta Electoral, foi celebrada o pasado día 26 de outubro de 2021 ás 14.10h, onde asistiron como testemuñas unha representación de todos os sectores da Comunidade Educativa do noso centro (alumnado, nais, persoal non docente e profesorado).

A xornada desenvolveuse con normalidade, e as persoas seleccionadas xa foron convocadas para a Constitución da Xunta Electoral, que terá lugar o día 2 de novembro ás 19h. na sala de reunións do Ramón Cabanillas.

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2021

Este ano celebramos no cole o Samaín, o que outros chaman Hallowen.

Podedes ver as fotos na galería de imaxes do cole.

Preme na imaxe e entrarás directamente. 

 

Ademais na aula virtual da Bibiblioteca poderedes ver os vídeos e escoitar audios dos contos interpretados polo alumnado e algunha nai, están terrorificamente interpretados!

Entra na Biblio en "Acceso como convidado" e escribe convidado.

Ademais do traballo realizado polo alumnado e as familias desde as casas e nas titorías no colexio, esta celebración non tería sido posible sen a coordinación da mesma por parte dos equipos de Biblioteca, TIC, Linguas Estranxeiras, dinamización das linguas e extraescolares.

Grazas a todas/os pola vosa colaboración e até a próxima!

CURSO 2021-2022: PROTOCOLO COVID

O centro conta cun equipo Covid que integra, ademais do profesorado, a persoal non docente, así como a membros da ANPA, incluíndo así todas as voces que poden ter aspectos importantes que aportar á convivencia da contorna da escola e o vecindario.

A principal función deste equipo, desde os seus diferentes ámbitos, é comprobar que se cumpran as medidas de seguridade e de hixiene que contempla o protocolo da Consellería, así como o Plan covid elaborado polo centro para este curso 2021-2022 e actuar axiña ante posibles abrochos.

Resolución de 1 de setembro de 2021 pola que se aproba o Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 para o curso 2021-2022

Reunións informativas principio de curso

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

HABERÁ DISTINTAS QUENDAS NOS GRUPOS NOS QUE SE INDICA, CADA FAMILIA SERÁ AVISADA PARA SABER EN QUE QUENDA LLE CORRESPONDE. 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA LUGAR HORA
3 ANOS A 5 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE  17:30
3 ANOS B 5 DE OUTUBRO XIMNASIO 17:30
4 ANOS A 21 DE SETEMBRO AULA

QUENDA 1 ÁS  17:00

QUENDA 2 ÁS 18:00

4 ANOS B 21 DE SETEMBRO  PSICOMOTRICIDADE 17:30
5 ANOS A 28 DE SETEMBRO  PSICOMOTRICIDADE 17:30 
5 ANOS B 28 DE SETEMBRO XIMNASIO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA LUGAR HORA
5ºA 21 DE SETEMBRO  XIMNASIO 17:15 
5ºB 21 DE SETEMBRO XIMNASIO 18:00 
6ºA 5 DE OUTUBRO  BIBLIOTECA 17:30
6ºB 5 DE OUTUBRO 

AULA

(rógase puntualidade)

17:30 desde o apelido Álvarez ao Gontán incluídos

18:00 desde o apelido Landeira ao Vidal

2ºB 6 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 17:00
2ºA 7 DE OUTUBRO XIMNASIO 17:00

1ºA

19 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 18:00

1ºB

19 DE OUTUBRO PSICOMOTRICIDADE 17:00

4ºA

4ºB

4ºC

19 DE OUTUBRO AULA CADA FAMILIA SERÁ AVISADA DA QUENDA QUE LLE CORRESPONDE 

3ºA

3ºB

26 DE OUTUBRO AULA CADA FAMILIA SERÁ AVISADA DA QUENDA QUE LLE CORRESPONDE  

    

NOVAS COMEDOR ESCOLAR

A partir de mañá, mércores 22 de setembro, o servizo de comedor do ceip Ramón Cabanillas contará con dúas quendas no servicio de xantar.

O motivo de esta reorganización, e tendo en conta as vixentes medidas covid, é a de poder dar cabida a tódalas solicitudes que temos no servicio de xantar. 

 Notificamos que o feito de partir o servizo en duas quendas, afecta a hora de custodia e recollida que tamén sufren un leve modificación:

* Os nenos/as de infantil manteran a hora de saida a partir das 15.15.

* O alumnado de primaria deberás ser recollido a partir das 15.30.

 

ANPA "AS BRAÑAS" E NOVOS SOCIOS/AS

Co inicio dun novo curso escolar a ANPA "As Brañas" do CEIP Ramón Cabanillas deixa a disposición de novos/as socios/as a ficha para asociarse.

Se tes interese en formar parte dela, podes descargar, cumplimentar e enviar por correo electrónico a ficha adxunta a anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com para formar parte da mesma.

 

INFORMACIÓN COLECAMIÑOS

INFORMACIÓN XERAL PULSEIRAS

LISTADO DE MATERIAL PARA O ALUMNADO

Lista de material funxible .
Para o primeiro día o alumnado traerá un estoxo co material básico de traballo (colores, lapis e goma), puidendo reutilizar material que teñan na casa ata que o titor ou titora lles indique o material necesario. O alumnado de 5º e 6 ademais do estoxo traerán unha libreta para anotar.

Lembrade enviar tamén a merenda e o kit - Covid.

 

LISTADO DE MATERIAL FUNXIBLE

Primaria

Becas e axudas

Publicadas no BOE do (02/08/2021) a convocatoria de becas e axudas para o alumnado con necesiades específicas de apoio educativo

 O prazo de presentación comenzou o día 3 /08/2021 e rematará o  30/09/2021

Máis Información

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Publícanse as quendas do período de adaptación de 3 anos, do 9 ao 21 de setembro, tal e como se indica no calendario escolar DOG (04/06/21)

O alumnado vén identificado coas iniciais do seu Nome e Apelidos.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

MÁIS INFORMACIÓN  E CALENDARIO DO PROCESO DE  ESCOLARIZACIÓN

Reunión informativa:  terá lugar no Centro o xoves, 24 de xuño, ás 9:30 para os primeiros apelidos que comecen entre a A e a L e ás 12:30 para os apelidos entre a M e a Z (prégase unha persoa por familia)

Formalización de matrícula: do 21 ao 30 de xuño.

FONDOLIBROS

Publicadas as listas provisionais de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Publicadas as listas definitivas de admisión do Programa Fondo Solidario de Libros de Texto de 3º e 4º de primaria.

Información importante.

MATRÍCULA COMEDOR E MADRUGADORES

Apertura dos prazos de matrícula dos Servizos de Comedor e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022

Prazo de matrícula: do 30 de xuño ata o 14 de xullo 2021 (ambos os dous incluídos)

Máis información

RECOLLIDA VALES

A partir do xoves, 1 de xullo, poden recoller os VALES das axudas de material escolar de 1º a 6º de primaria e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria  os/as solicitantes que teñen dereito aos mesmos. 

 

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

O material e libros de texto (Proxecto Croqueta 1º trimestre) de educación infantil traerase ao Colexio o 3 de setembro de 10 a 13h, o resto dos libros permanece na casa ata novo aviso, as titoras.

O libro de inglés traerase tamén en setembro.

 Material 3 anos   Material 4 anos   Material 5 anos A   Material 5 anos B 

REUNIÓN NOVO ALUMNADO

Convócase aos pais/nais, titores/as legais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar no Centro o xoves, 24 de xuño, ás 9:30 para os primeiros apelidos que comecen entre a A e a L e ás 12:30 para os apelidos entre a M e a Z (prégase unha persoa por familia)

AXUDAS COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E MATERIAL

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 8/06/2021 a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2021/2022. Polo tanto, a partir do 9 de xuño, ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO/ANUNCIOS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22. O prazo remata o 22 de xuño (incluído)

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2021/22. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Máis información: Web Consellería            ANEXO I/ANEXO II       

Distribuir contido


by Dr. Radut