Skip to Content

Curso 2019/20

OUTONO by 5ºB

Os alumnos e alumnas de 5ºB propóñenvos algunhas actividades relacionadas co outono para o tempo de lecer.


2:12 minutes (2.02 MB)

CHARLA DIDÁCTICA Mª PAZ FERREIRO

A profesora da USC Mª Paz Ferreiro Cendán impartiu unha charla ao profesorado do Centro sobre o cine como recurso didáctico, aportando moitas ideas para traballar nas aulas.

HORTO ESCOLAR

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º xa teñen o seu propio horto, nel plantaron xa verduras e hortalizas de tempada, coidarano e observarán o crecemento das plantas ata a súa recolleita.

SAMAÍN NA BIBLIO

Na Biblioteca do Centro xa temos todo preparado para o Samaín, ven pasalo de medo connosco e coa selección de lecturas que escollemos para ti! E, xa que este ano vai de cine, non esquezas deixarnos a túa recomendación de pelis terroríficas na entrada. Estamos desexando saber qué vos gusta!

CHARLAS DIDÁCTICAS DAVID CHAO

O profesor da Facultade de Historia da USC e pai de Tomás de 6ºB, David Chao, agasallounos un ano máis ao alumnado de 3º a 6º de primaria cunhas interesantes charlas sobre a Idade Contemporánea, enlazándoa coa súa arte e o comezo do cine, tema que tratamos ao longo do curso. Moitas grazas pola túa colaboración.

CONCURSO

Concurso de acrósticos sobre a figura do escritor que dá nome ao noso Centro organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

1º premio: Seth Marval Barbosa

2º premio: Lidia Monasterio Domínguez

3º premio: Lucía Rendo Rial

Lucía Balseiro Delgado.

Premios de aulas: 3ºB, 4ºB e 6ºB.

Noraboa aos premiados/as

EDUCACIÓN VIARIA

Xornada de educación viaria no Programa da Policía Local para o nenos e nenas de 4º de primaria, despois dunha charla no Centro realizaron unha saída didáctica á comisaría.

ENTREVISTA A SABELA ARÁN by 6ºB

Continuando coas emisións de Radio Furelo, se queredes coñecer de primeira man detalles do apaixoante mundo do cine, escoitade a entrevista dos alumnos/as de  6ºB á famosa actriz compostelá Sabela Arán.


15:40 minutes (14.35 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Teatro Principal para asistir á proxección da serie de curtametraxes "Criaturas" dentro da programación da 16ª edición do "Festival Curtocircuito 2019"

Profesións do cine by 6ºA

Un curso máis Radio Furelo achégase ao Cole con novas emisións, comeza 6ºA cun percorrido polas profesións do mundo do cine.


8:15 minutes (7.56 MB)

SALVEMOS O PLANETA

SEMANA POLO CLIMA

Ao longo da semana do 23 ao 27 de setembro realizamos diferentes actos de concienciación mediambiental; o luns gardamos un minuto de silencio, o martes vestimos unha camiseta verde, o mércores fomentamos o espíritu crítico a través de videoforums, o xoves elaboramos carteis e o venres fixemos un alto no recreo para dar unha advertencia máis ante o cambio climático do Planeta amosando as nosas mensaxes.                                                                                                 

LEMBRA AS NORMAS DO COLECAMIÑOS

REUNIÓN INFORMATIVA COMEDOR

Reunión informativa coas familias usuarias dos servizos de comedor: xoves, 19 de setembro ás 17:30

Máis información

BENVIDA AO CURSO 2019/2020

MATERIAL 2º PRIMARIA

Relación de material escolar para 2º de ed. primaria

Para os pais/nais que así o desexen poderán traer tanto os libros de

texto coma o material sempre co NOME E APELIDOS o 

VENRES 6  de Setembro, en horario de 10:00 a 13:00. En

caso contrario poderán traelo ao inicio do curso.

MATERIAL 1º PRIMARIA

Relación de material escolar para 1º de ed. primaria

Para os pais/nais que así o desexen poderán traer tanto os libros de

texto coma o material sempre co NOME E APELIDOS o 

VENRES 6  de Setembro, en horario de 10:00 a 13:00. En

caso contrario poderán traelo ao inicio do curso.

BECAS ALUMNADO NEAE

Publicada no BOE (27/07/2019) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 26 de setembro de 2019

Máis información

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019/2020.

Entregarase no Centro o día 6 de setembro de 10 a 13h. nunha bolsa co nome do/a alumno/a e o curso.

PROYECTO PALOMITAS DE MAÍZ EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS
1º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679401
2º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679418
3º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679425

RERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Información ás familias.

PROYECTO PALOMITAS DE MAÍZ EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS
1º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679401
2º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679418 
3º TRIMESTRE GALICIA CASTELLANO ISBN: 9788490679425
Distribuir contido


by Dr. Radut