Skip to Content

Curso 2021/22

Retais de PAZ. Por un mundo sen violencia desde as aulas

Levamos días preparando este momento. O domingo 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e da non violencia.

Agardamos que o sintades tanto coma nós desde as aulas.

(Preme na imaxe para ver máis)

 

O grupo de 3ºB agasállanos con este baile

(Preme na imaxe, e verás)

 

Normas

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

                       

HOXE RADIO FURELO  CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

CUNHA NOVA  EMISIÓN REALIZADA POLO ALUMNADO DE 4ºC

        NON DEIXEDES DE ESCOITALA

        E NON ESQUEZADES VISITAR A PAXÍNA DA BIBLIOTECA HAI UNHA SORPRESA PARA VOS

-

REAPERTURA DA BIBLIOTECA 

 

fai click nas imáxenes

Biblioteca

                              REAPERTURA DA BIBLIOTECA

                       Fai click na imaxe

Felices Festas!

                 

Fai click na foto                                     Visita a galería de imaxes

Radio Furelo 4ºA

         Radio Furelo nos leva a visitar

         os MUSEOS DE CIENCIAS

         por todo o mundo  

Saída as Brañas do alumnado de 4º

   Hoxe os nen@s de 4ºcurso fixemos un

paseo pola Brañas do Sar para estudar a

flora desta marabilloso ecosistema.

Queremos agradecer a Patricia Iglesias, nai

dun compañeiro, a súa dedicación e

colaboración para que entendéramos este

espectacular entorno.

                     Fai click na foto para ver as imaxes

Diversidade Funcional 2021

Hoxe conmemoramos unha data moi especial e desde o Departamento de Orientación prepararon unhas actividades nas que todas e todos quixemos participar; o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Actualmente, emprégase o termo Diversidade funcional, un termo alternativo que pretende substituír as connotacións negativas tales como “discapacidade, minusvalía...” dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si. Por iso, no día de hoxe, comezamos reflexionando sobre o termo “discapacidade”. O alumnado espuxo as súas ideas e decatáronse que só saían definicións “negativas” referidas a limitacións, restricións... Tras isto, escribiron nun papel o que significaba para cada un deles a Diversidade e puxemos as ideas en común. A continuación, lémoslle unha definición; a cal está moi relacionada coas ideas que escribiran:

“A diversidade funcional é unha realidade derivada das características individuais de cada persoa, xa que cada un de nós ten unha particular forma de ser e de aprender. Cada neno e nena é único/a e irrepetible, coa súa propia historia, motivacións, necesidades, intereses e, por tanto, ten un modo especial de sentir, de pensar e de actuar. A diversidade entende que non hai unha maneira única de aprender e que todos podemos aprender conxuntamente.”

 

Pincha no cartel para ver máis.

 

RADIO FURELO PEREGRINA

ANO XACOBEO 2021-2022

PROMOCIONADO POLOS PEREGRINOS DE 5ºB

 

25 N . Día internacional da eliminación da violencia de xénero

Con motivo do día internacional da eliminación da violencia de xénero, no CEIP Ramón Cabanillas berramos moi alto desde as aulas ao resto do mundo:

NON Á VIOLENCIA QUE EXERZA UN HOME SOBRE UNHA MULLER: DI NON!!!

 

Para ver o vídeo que preparamos preme sobre a imaxe. 

 

Para coñecer as lecturas que recomendamos desde a Biblioteca Furelo preme no adxunto .pdf.

RADIO FURELO "Día Internacional da Tolerancia"

Nova emisión  " O Respecto "

Alumnado de 5ºA

 

Programa municipal de conciliación de Nadal 2021

O Departamento de Educación do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2021 (días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Monte do Postes e CEIP Quiroga Palacios, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. 

Destinatarios: Nenos e nenas empadroados o Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria (ambos os dous inclusive) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre os días 24 de novembro e 13 de decembro de 2021 (ambos os dous inclusive).

Proxecto ELISA. Tres anos de estudo do comportamento infantil no Ramón Cabanillas

Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.

Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.

Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.

Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma

Diploma outorgado ao traballo realizado

Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.

 

DOLORES PÉREZ NO RAMÓN CABANILLAS

O día 18 de novembro tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita de Dolores Pérez

Catedrática de Química e profesora da Universiade de Santiago de compostelae actual Directora Adxunta do Centro de Investigación en Química, Bioloxía e Materiais Moleculares( CIQUS) da USC.

A súa traxectoria investigadora levouna á Universidade de California en Berkeley ou ao MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts). Seu grupo investigador da USC logrou e logra importantes avnces, facendo traballo na catálise organometálica e a súa aplicación no eido dos materias orgánicos.

Falounos da súa investigación, do que é un centro de investigación e de algúns ds temas que se traballan na actualidade no CIQUS.

                 

GALERÍA DE IMAXES

Alumnado de primaria sae a explorar a súa contorna (1ª parte)

O alumnado de 6º de educación primaria realiza unha Saída polas Brañas do Sar o día 19 de novembro de 2021.

O motivo é coñecer a flora desta zona. Realizamos un estudo das plantas e árbores que nos podemos atopar, con fichas de observación das especies autóctonas e invasoras para comprender mellor cal pode ser a nosa implicación na conservación da natureza.

Dentro o programa 2021/22 de Voz Natura propoñémonos retomar os proxectos propostos antes da pandemia. Un deles é o coñecemento e coidado da nosa contorna: 

Unha senda por percorrer: as Brañas do Sar 

Galería de imaxes

 

 

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMATIVA

            De acordo coa Convocatoria do día  16 do mes en curso, o próximo día 23 en horario de 8.30 a 14.30 horas, celebrase neste Centro (entrada principal) a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do CEIP Ramón Cabanillas. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

            1º.-Quen pode votar.

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

            2º.- Modo de emitir o voto.

            a) O voto será directo, secreto e non delegado.

           b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

            c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomes das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

            d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

            A dirección deste centro educativo anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

En Santiago de Compostela, a 18 de novembro de 2021

            A XUNTA ELECTORAL

Radio Furelo- " O método científico"

          O METODO CIENTÍFICO  

UNHA PRODUCCIÓN DO ALUMNADO DE 6º B

 

DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

–ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (DOG 12/11/2021)

MÁIS INFORMACIÓN 

BENEFICIARIOS/AS    PRESENTACIÓN SOLICITUDES     PRAZO    ANEXOS

Serán beneficiarias e non precisan presentar ningunha solicitude aquelas familias ás que se lles concedeu o vale de axuda para material escolar no curso actual.

Magosto 2021

 castañas asadas

Castañas asadas pola ANPA das Brañas

Despois dun ano difícil, dun ano complexo no que non puidemos celebrar este evento…, o CEIP Ramón Cabanillas recupera o sorriso cun MAGOSTO colaborativo.

Cun sorriso compartido.

Alumna gozando do magosto

Un sorriso que vale máis que 1.000 palabras

1) A ANPA “As Brañas” (pais e nais voluntarios) trouxo castañas que asaron nas grellas cedidas xentilmente pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, durante toda a mañá.

GRAZAS!!!

2) O profesorado fixo unha organización de clases especial e preparou recursos específicos inclusivos, para celebrar todas e todos, con xogos populares este evento. Os nosos coidadores, a nosa conserxe e o persoal traballador do centro (limpeza e administración) fixeron da mañá un lugar seguro no que estar.

GRAZAS!!!

3) E que dicir do alumnado do CEIP Ramón Cabanillas?
Os grupos de sexto, unidos pero non revoltos (a COVID aínda non nos deixa), colaboraron guiando por quendas ao resto dos grupos do cole (cuxo comportamento foi fenomenal!) no desenvolvemento das actividades realizadas no exterior (xogos e degustación de castañas). Isto foi posible grazas ao labor organizativo e de preparación dos docentes de educación física.

Colaboradores de 6º A

Colaboradoras/es de 6ºA

Colaboradores de 6º B

Colaboradoras/es de 6ºB

GRAZAS!!!

  • Fácil? Non
  • Posible? Si

Xuntas/os facemos da aprendizaxe un proceso de equipo, de sociedade, no que todas/os participamos: CONVIVIMOS.

Grazas a toda a Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas e Feliz Magosto!!!

Algúns membros da ANPA

Algúns dos pais e nais voluntarios da ANPA As Brañas 

 Pincha na galería de imaxes. Pode que te atopes.

Distribuir contido


by Dr. Radut