Skip to Content

Curso 2019/20

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Recomendacións de cine para o Nadal. Por 4ºA

CHARLAS DIDÁCTICAS CONSUMO

Charla-Obradoiro de 1º a 4º de primaria sobre o consumo responsable no Nadal por membros da Escola Galega do Consumo.

PLANTACIÓN

Cando o tempo o permite, seguimos traballando no horto escolar (3º e 4º) e plantando flores nas xardineiras da entrada (1º e 2º)

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 5º de primaria á exposición "Galicia, un relato no mundo" na Cidade da Cultura.

VISITA DE VERÓNICA BOQUETE

Grazas á colaboración da ANPA poidemos contar coa visita da compostelá Vero Boquete que nos falou da súa brillante traxectoria como futbolista desde que comezou na súa infancia no equipo do Centro Don Bosco, CD Belvís, ata a súa etapa como profesional en distintos países do mundo, en especial do seu paso polo Frankfurt, equipo co que gañou a Champions League.

DO PEÓN AO BEYBLADE

O alumnado de 1ºA e 2ºA de primaria (en parellas, por apadriñamento) gozamos coa presenza do avó de Lucas Márquez, Antonio, que nos explicou cómo transformar un anaco de madeira en utensilios para o ser humano. Ademáis, deleitounos lembrando algún truco co baile do peón.
Tamén temos unha pequena exposición ao lado da árbore de Nadal.

CHARLAS 6º PRIMARIA

Queremos agradecer a participación de Isabel Costoya Vázquez (nai de Héctor) e José Manuel Antelo Míguez (pai de Diego) por impartir dúas charlas didácticas ao alumnado de 6º de primaria.
IMAXES DA CHARLA DE ISABEL COSTOYA

OS DEREITOS DOS NEN@S

Os dereitos dos nen@s. Por 4ºB

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

CONCURSO

Concurso "Tíralle da Lingua" no Pazo de Congresos e Exposicións. Presentaron os seus acrósticos sobre Ramón Cabanillas Lucía, Pedro e Alex, de 4ºA

25N

O 25 de novembro conmemoramos no Cole o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller cunha batukada polo alumnado de 6º de primaria.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 5º de primaria ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía Muncyt Coruña.

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NEN@

O 20 de novembro celebramos o Día Universal dos Dereitos do Nen@

OS XOGOS TRADICIONAIS

Escolma de xogos tradicionais realizado por 5ºA de primaria.

VERBAS DO OUTONO

Recolleita de verbas e mensaxes do outono

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita dos alumnos e alumnas de 3º de primaria ás instalacións da clínica veterinaria Can Cat atendendo ás explicacións de Carmen Seoane, nai de Manuel de 3ºB.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída do alumnado de 6ºA de infantil ao Museo do Pobo Galego para asistir ao contacontos "Raposadas co neno Antonio", contos de tradición oral con monicreques para coñecer a figura de Antonio Fraguas e a creación do Museo.

MAGOSTO 2019

O VENRES 8 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO

EXPOSICIÓN OUTONO

Exposición de traballos realizados empregando materiais recollidos nesta estación.

Distribuir contido


by Dr. Radut