Skip to Content

Curso 2017/18

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar esta data, o Equipo de Dinamización lingüística organizou un concurso de marcapáxinas sobre Rosalía de Castro.

Resultaron gañadores/as:

ANTÓN LÓPEZ

ANA DURÁN

XIMENA LANDEIRA

ANTÍA COLLAZO

ALOIA PUÑAL

LOIS RODRÍGUEZ

CELIA GONZÁLEZ

e SOFÍA MOURE

 

 

 

 

 

 

 

 

                           NORABOA!

Día Mundial da Radio (2ºB)

Agradecemos a colaboración do pai de Ada, que tivo a ben enviarnos imaxes para que esta alumna as poidera comentar na aula e todos e todas poidéramos ver o que é a radio por dentro.


6:28 minutes (5.93 MB)

ENTROIDO 2018

 VENRES, 9 DE FEBREIRO

CIRCULAR

GALERÍA DE FOTOS

"XOVES DE CONTO"

Na sesión do "Xoves de Conto" do día 8, o alumnado de E.I. disfrutou coa interpretación que fixo Mónica do conto "Los fantasmas no llaman a la puerta". Aí van algunhas fotos da actividade.

CIBEREXPERT@S

Acto de entrega dos carnets e diplomas de ciberexperto@s aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do noso Centro.

Minuto 35:18 Minuto 28:38 Acceso á noticia Foto da edición en papel

CONCERTO DIDÁCTICO

Asistencia doa alumnos/as de 4º de Primaria no Auditorio de Galicia, a cargo da Compañía Píscore, ao "Concerto Singular".

COMPOSTAXE

Segunda xornada de formación para o alumnado de 4º de primaria e observación  dos composteiros instalados no patio.

CIBEREXPERT@S

O noso Centro foi seleccionado para participar no programa "Ciberexpert@s" como representante da provincia de A Coruña dentro do "Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos" polo que ao alumnado de 6º de primaria  foille proporcionada a formación necesaria para o emprego seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Minuto 32 de emisión

30 de xaneiro de 2018 by 3ºA

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

3ºA interpreta "Imagine", de John Lennon.

IMAXES DAS MIL GRÚAS DE PAPEL POLA PAZ

 


4:42 minutes (4.31 MB)

CHARLA

Ana Belén Montesa dará unha charla o xoves, 1 de febreiro ás 17:00 no Colexio, a pais/nais/titores legais do alumnado de 6º de primaria sobre educación afectivo-sexual, previa á impartición duns talleres ao alumnado na próxima semana.

"XOVES DE CONTO"

O xoves 25 de xaneiro o alumnado de primaria que asistiu ao "Xoves de Conto" disfrutou coa historia "Feliz Feroz", debuxaron a súa parte favorita da mesma e remataron decorando unha bonita torta.

"XOVES DE CONTO"

O día 18 de xaneiro iniciamos, un curso máis, a actividade de "Xoves de Conto" co alumnado de E. infantil a cargo de Mónica Fernández. Contounos a historia de "Frederick" e, como sempre, rematamos cunha interesante actividade.

SAÍDA DIDÁCTICA

Saída ao Auditorio de Galicia do alumnado de 5º e 6º para asistir ao concerto didáctico "Todo é percusión" de música, danza e teatro polo grupo "Dúas e Exire"

15 de xaneiro de 2018 by 3ºB

A aula de 3º B entrevista a Susana Rodríguez Gacio, muller galega exemplo de esforzo e superación á que lle adicamos o mes de decembro no noso calendario.

 

 

Enlace dun vídeo de RTVE no que se amosa a súa preparación.


2:51 minutes (2.62 MB)

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita do alumnado de 3º de primaria, organizada pola Catedral de Santiago, á Exposición sobre O Mestre Mateo. Logo realizaron un obradoiro montando unha maqueta do Pórtico da Gloria.

PREMIO

Julia Pérez Vicente, alumna de 3ºA resultou premiada no Concurso de Cartas de Nadal organizado polo Concello de Santiago. Noraboa, Julia.

FELIZ 2018

CALENDARIO 2018

 
 
 
 
 

BO NADAL

APALPADOR

 

Unha vez máis visitounos por estas datas O Apalpador.

Distribuir contido


by Dr. Radut