Skip to Content

Curso 2021/22

A nosa horta escolar. Os inicios...

A horta da escola sitúase no recreo ao lado das escaleiras. O 23 de marzo, Luz, que nos axudou, explicounos cales son as cosas necesarias da horta, como sachar para que esté aireado o solo, as cores que ten (máis claras, máis escuras)...

Vimos as diferentes ferramentas que se usan ainda que, principalmente, traballamos o primeiro día co sacho.

Para min é importante traballar en hortas porque axudamos ás plantas a crecer mellor, coa terra adecuada, aireada e sen moitas rochas.

Ao principio, cando eu sachaba, non facía moita forza para non romper o sacho, pero logo Luz díxome que hai que facelo con algo de forza e agarrándoo sempre un pouco atrás, e xa empecei a facelo mellor.

Locus amoenus. (:)

Aquí temos unhas recomendacións de Luz para as seguintes tarefas.

A ver se para de chover.

 

Come san

O día 7 de abril celbrase o Día Internacional da Saúde 

Con tal motivo, o alumnado de 1ºB  explicanos en Radio Furelo como debemos alimentarnos

 

Primeiros días na horta da nosa escola

O pasado mércores 23 e 24 de marzo, varios grupos-clase, achegámonos a horta xunto con Luz, unha chica que nos axudou moito a organizarnos e ademais ensinounos moitas cousas: coller o sacho, a pose de sachar, etc.

Primeiro, Luz explicounos de que estaba composta a horta e que era necesario para mantela. Tamén nos contou que xunto coa AMPA anos atrás axudaron a manter a horta que está nas Brañas. Despois, organizounos en  tres grupos chamados “braña”,”sar” e “sacho” para asinarnos un terreo para traballar. Cando terminamos de sachar e recoller pedras, raíces e miñocas tivemos que botar abono coas mans, e rastrelar o chan para deixalo uniforme.  Fixemos un baile para sacar a terra dos pés. Pasamos a vasoira e ao final quedou máis sucio!

Pareceume un día interesante por todo o que aprendín.

Grazas Luz!!!

  Amorodo (alumna de 6ºB)

CONTACONTOS

O pasado luns 21 de marzo o alumado de 1º Ciclo de Primaria disfrutou dunha sesión de contacontos na biblioteca do centro.

Grazas ao magnífico contacontos Benxamín que nos relatou unha nova versión do conto dos tres porquiños e nos agasallou cuns estupendos debuxos.

O noso agradecemento a editorial Anaya por patrocinar esta gran velada.

 

Xornada de Educación Vial

Nesta semana o alumnado de 6º disfrutou no recinto feiral de Amio dunha nova xornada de Educación Vial 

Grazas a policia local pola organización desta maravillosa experiencia

                  Pincha na imaxe para ver as fotos

 

SOLIDARIEDADE. Recollida de roupa e calzado usado. Proxectos de Global Humanitaria en India

Estimadas familias,

O CEIP Ramón Cabanillas convida a comunidade educativa a participar nesta iniciativa solidaria de recollida de roupa e clazado usado.

Para isto recibirán unha bolsa na que poderán introducir este material solicitado, que se atope en boas condicións de uso.

Quen o desexe pode depositar as bolsas co contido na conserxería do centro educativo, dando aviso a Maricarmen (a nosa conserxe).

ANTES do Día 31 de marzo de 2022.

Moitas grazas por colaborar.

CANS AO PODER!

OPERACIÓN: PONLLE FREO AO ABANDONO! Co alumnado de 2ºB

 

  Presentamos un programa radiofónico de divulgación e concienciación sobre os cans, a nosa liña de investigación dentro do proxecto a nivel de centro Con-Ciencia-T.
Cans ao poder! Por unha educación responsable.

Ímonos do cole

Nesta ocasión temos unha emisión especial adicada ao alumnado de 6ºA 

Esperamos que disfrutedes 

Día da Muller

Información sobre a avaliación e os seus procesos

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional publicou a  Circular 1/2022 pola que se precisan aspectos da ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, así como una modelo orientativos en formato editable.

8 DE MARZO

                               

DÍA DA Quién era realmente "Rosie, la remachadora", la mujer del icónico cartel  que se convirtió en un símbolo de la fortaleza femenina en Estados Unidos -  BBC News Mundo TRABALLADORA 

ENTROIDO 2022

A semana do 21 ao 25 de Febreiro no CEIP Ramón Cabanillas celebramos o Entroido. O martes 22, mércores 23 e xoves 24 o alumnado veu ataviado co que lle encomendou o Meco e o venres 25 organizamos no recreo a festa.

Este curso, a temática do colexio é a ciencia, polo que a maioría do alumnado veu disfrazado de científico/a, ainda que algúns optaron por outros disfraces moi divertidos.

Pincha na imaxe para ver máis...TAMÉN PODEDES DISFUTAR DUN FERMOSO VIDEO 

Día de Rosalía

O Alumnado de 3ºB emitindo para Radio Furelo

   Rosalía vota polo carballo de Conxo

Sementade pensamentos con Rosalía de Castro, 23 de febreiro de 2022

Un ano máis conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, nesta ocasión, o 23 de febreiro.

Realizamos unha escolma de poemas que agardamos que vos gusten.

Ademais, no propio día, reunirémonos a través das redes para compartir este día. Pincha no programa do evento para ver o seu contido.

 

 

Agarda a que carguen os vídeos e despois fai doble clic no que desexes ver para que emerxa nunha nova xanela.

O alumnado do Ramón Cabanillas participa no recitado de Rosalía de Castro, aquí vai unha escolma:

         
         
     

 ROSALÍA DE CASTRO

23 de FEBREIRO

 
     

 

 

Hainas e hainos que cantan cos seus versos ao río Sarela, lembrándonos o coidado ás nosas Brañas do Sar:

 

Algunhas e algúns van máis aló, cantando e facendo ritmos musicados!

     

 

Versionando a Rosalía é unha expresión de pensamentos propios sobre a base da poesía desta grande autora.

  • Sobre que pensa o noso alumnado?
  • Cal é o poema orixinal de Rosalía sobre o que versionan?

 

SEMENTANDO PENSAMENTOS      
       
       

Grazas a todo o alumnado e profesorado.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE MURAL DE INFANTIL!!!!

O Alumnado de infantil conmemorou este día cun poema e unha rosa

Pulsa na imaxe para ver as fotos

 Fixádevos tamén neste fermosísimo mural realizado con moito agarimo polo alumnado de 4º, en onde revindican unha praza para Rosalía no lugar de Ramirez. Xustamente onde está situado o cruceiro que ela menciona nun dos seus poemas.

 

 

Xornada de portas ABERTAS para o curso 2022/23, alumnado novo

Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado (do 1 ao 21 de marzo).

O próximo VENRES DÍA 25 de febreiro de 2022, pola tarde, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.

As/Os interesadas/os deben contactar co centro para concertar un horario, xa que o aforo dos grupos é reducido pola situación de pandemia que vivimos. Neste sentido, só se permitirá a entrada a un membro da familia da alumna ou alumno que concertara cita.

Para concretar a hora do grupo no que desexen asistir deben chamar ao teléfono do centro: 881867921

Se o prefiren poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:

(Vídeo creado en marzo de 2021)

Moitas grazas,

O equipo directivo

 Pode consultar todo o relativo á admisión na seguinte páxina da xunta.

Inicio do procedemento de admisión 2022/2023

E descargar as instrucións xerais de admisión 2022/2023 para saber máis.

 

Celebra coas Tanxugueiras o Día Internacional da Lingua Materna

Desde o CEIP Ramón Cabanillas, facemos eco deste evento: Día Internacional da Lingua Materna

  • Entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo
  • O evento dura sobre unha hora
  • Data: 20 de febreiro, ás 11.30 h. é importante que veñas antes, para non quedarte fóra.
  • Lugar: xardín do teatro da Cidade da Cultura

Este ano, a Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Lingua Materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. 

As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.

Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego.É un acto de entrada libre ata esgotar a capacidade do espazo e, por tanto, aberto a todos os nenos e nenas que desexen asistir e ás persoas acompañantes.

Actividade organizada pola Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización LingüísticaSecretaría Xeral de Política LingüísticaConsellería de Cultura, Eudación e Universidade

 

Emisión 3º A

    Os "TOP TEN"  d@s Científic@s

Día da Muller na Ciencia

   Hoxe visitou o noso centro Jose Antelo, pai de Lucía Antelo, alumna de 4ºA.

   Jose é químico nunha empresa de Forcrei así que nos explicou un pouco en qué consistía a química, e o que máis nos gustou,un montón de experimentos cos que disfrutamos e aprendimos moitísimo!!

   Dende o centro queremos agradecerlle a súa colaboración que foi máis alá do que tiñamos previsto.

Preme na imaxe e veras o video

Acceso a galeria de fotos

Margarita Salas

Está semán Radio Furelo homenaxea a unha gran científica

Despedimos a Izabela, a nosa auxiliar de conversa. Grazas!

Izabela sorprendeunos, no seu último día no centro educativo, vestindo o traxe típico polaco e bailando, xunto con Dani o baile tradicional. Foi moi emocionante!

(Preme na imaxe)

Distribuir contido


by Dr. Radut