Skip to Content

Curso 2014/15

XOVES DE CONTO

O xoves 12 de marzo celebrouse a quinta sesión de "Xoves de Conto" na Biblioteca do Cole; Mónica contounos o conto de "Imos a cazar un oso" e tamén "Sopla el viento", finalmente coloreamos o oso e ata lle puxemos purpurina!!!

RAMÓN CARIDE

Hoxe, 12 de marzo, veunos visitar ao Cole o escritor Ramón Caride. Estivo co alumnado de terceiro e cuarto e falamos do libro "As andanzas da Xan Farrapeiro". contounos cousas da súa vida, de como chegou a escribir este conto e moitas historias máis relacionadas co libro que limos e tanto nos gustou. Ao remate asinounos os libros a todos nós, pasámolo xenial!!

SANTIAGO FUTSAL

Kristijan Postruzin (Kike) e Diego Quintela, xogadores do Santiago Futsal, estiveron no Colexio charlando e contestando a todas as preguntas dos alumnos e alumnas de 4º de primaria.

8 de marzo 2015 by Irina/Rafael/Sara/Miguel


1:03 minutes (995.14 KB)

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN SEMANA SANTA

Programa de conciliación laboral do Concello para alumnado escolarizado en Santiago.

Datas de inscrición: 2 ao 13 de marzo.

Lugares de celebración: CEIP As Fontiñas, CEIP Raiña Fabiola e CEIP Roxos-Villestro.

Máis información e impresos de matrícula.

2 de marzo 2015 (Edición especial con Priyanka) by Lola/Priyanka


2:45 minutes (2.52 MB)

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Na sesión de "Xoves de Conto" do día 26 de febreiro, limos os libros ""La Princesa y la Cerdita" e "A vaca que puxo un ovo", rematamos facendo un porquiño!!!

Outra vez fantástico!!!

ACTIVIDADE DIDÁCTICA

Dous profesores da Escola Municipal de Música achegáronse ao Colexio para dar unha clase práctica sobre a frauta traveseira e o clarinete.

Web do Concello

ENTROIDO 2015

Na semana do 9 ao 13 de febreiro imos celebrar no Colexio o Entroido. De luns a xoves, o Meco vai ir dando consignas para que os nenos e nenas traian algún elemento "chocante" na súa indumentaria. O día 13, ás 12:15, será o desfile. 

Galería de fotos                              Queima do Meco

XOVES DE CONTO 12 DE FEBREIRO

Imaxes da sesión "Xoves de Conto", esta vez acabamos facendo un antiface!!! Fantástico!!!

9 de febreiro 2015 by Ana/Borja


0:45 minutes (703.31 KB)

VISITA DIDÁCTICA

Saída didáctica do alumnado de 3º e 4º de Primaria ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC.

ENTROIDO NA BIBLIO

Chegou o tempo do Entroido e dende a Biblioteca querémosvos animar a que preparedes os vosos disfraces e maquillaxes, vinde ver os libros que vos axudarán!!!

POEMA PAX

30 xaneiro 2015 ( Edición Especial Día da Paz) by Rodrigo/Lucía/Noa/Luis/Diego


0:44 minutes (699.23 KB)

"XOVES DE CONTO" SEGUNDA SESIÓN

Segunda sesión de "Xoves de Conto" no Cole, desta vez vivimos dúas historias relacionadas co Día da Paz, pasámolo xenial!!!. Ao final elaboramos un mural que podedes ver na ventá da Biblioteca.

DÍA DA PAZ

LIBROS RECOMENDADOS

 Co gallo da celebración do Día da Paz o 30 de xaneiro, dende a Biblioteca do centro propoñémosvos estas lecturas que  abordan temas como a colaboración, amizade, dereito a ser e pensar de maneira diferente...Disfrutádeas.

(Os libros están todos na Biblioteca)

26 xaneiro 2015 by Carlota/Manuel


2:37 minutes (2.4 MB)

CONCERTO DIDÁCTICO

Xoán Curiel e o seu grupo ofreceron ao alumnado de 5º e 6º de primaria un concerto, representando o seu libro-disco "Estamos no Verán"

Distribuir contido


by Dr. Radut