Skip to Content

Curso 2012/13

VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Lémbrase que as votacións de pais, nais e titores/as legais de alumnado para a renovación do Consello Escolar do Centro realizaranse o martes 27 de novembro de 09:10 a 14:10.

NOVA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DESPOIS DAS VOTACIÓNS


DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro é o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero"

O alumnado do Centro participou na Campaña organizada polo Concello de Santiago " E digo si. E digo non", aportando as súas propias siluetas. Nunha cara amosan mensaxes con aspectos positivos a reforzar e pola outra os aspectos negativos a rexeitar.

As figuras foron colgadas na Praza do Obradoiro (Imaxes)

(Nota de prensa)


FOTOS MAGOSTO

 

Premendo nas imaxes poderás ver fotos do magosto e da exposición de froitos do outono.

 


VISITA

As alumnas e alumnos de terceiro ciclo de primaria visitaron a exposición "Gallaecia Pétrea" na Cidade da Cultura. Foi unha visita guiada con actividades e xogos didácticos de investigación.

 

 

 


TALLER

O alumnado de 3º curso de primaria asistiu ao taller "Aloha Mental Arithmetic", celebrado no Centro Comercial Compostela, para reforzar as súas habilidades matemáticas a través do emprego do ábaco.

 

 

 


TALLER DE ÁBACOS

O alumnado de 3º curso de primaria asistiu ao taller "Aloha Mental Arithmetic", celebrado no Centro Comercial Compostela, para reforzar as súas habilidades matemáticas a través do emprego do ábaco.

 

 

 


MAGOSTO 2012

O venres 16 de novembro celebraremos o magosto, organizarase unha selección de xogos populares e haberá unha exposición de produtos do outono así como un mural orlado con follas de castiñeiro.

 

 


 


ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo o establecido na Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG de 20 de setembro), queda aberta a convocatoria de eleccións para a renovación parcial de membros do consello escolar.

Circular



EXPOSICIÓN DE CABAZAS

SAMAÍN 2012

EXPOSICIÓN DE CABAZAS
As cabazas expoñeranse dende o luns 28 de outubro ata o mércores 31, Infantil e 1º ciclo na entrada do patio e 2º e 3º ciclo no corredor do primeiro andar.
SEMANA DA LECTURA FANTÁSTICA
Na entrada da biblioteca organizarase unha exposición con libros e contos sobre o tema do medo, clasificados por ciclos.
EXPOSICIÓN "OS NOSOS MEDOS"
Con todos os traballos realizados sobre a emoción e o medo ( debuxos, contos,..) elaboraremos o "Libro do Medo"
DECORACIÓN DOS CORREDORES CON TEMAS DE CANGUELO



SAÍDA

 O alumnado de terceiro ciclo de primaria asistiu ao ciclo de cine infantil "Aprendendo con Amal" organizado pola Fundación Araguaney. Proxectáronse as curtametraxes "Ostoria, la leyenda" e "Carta a Sasha". Ao remate, participaron en diversas actividades e talleres sobre o mundo árabe.

 

 

 


 

VISITA

O conselleiro de Educación visitou o noso Centro acompañado polo Xefe Territorial de A Coruña e a Concelleira de Educación de Santiago.

Máis información no seguinte enlace web

 

 


CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro, durante o mes de outubro.

DÍA CURSO HORA
MARTES,2 1º E 2º  PRIMARIA 17:30
XOVES,4 4º PRIMARIA 16:30
MARTES,9 5º E 6º INFANTIL ( 4 E 5 ANOS) 17:30
MARTES,16 3º PRIMARIA 17:30
MARTES,23 5º PRIMARIA 17:30
MARTES,30 6º PRIMARIA 17:30

INICIO DAS CLASES

A Concelleira de Educación Rebeca Domínguez inaugurou o curso académico no CEIP Ramón Cabanillas.
 Máis información nos enlaces web

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Do día 6 ata o 11 de setembro queda aberto o prazo de solicitude dos Servizos de Comedor Escolar e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria de Santiago para o curso 2012-2013.

(Ampliado o prazo ata o sábado15)

 


PERÍODO DE ADAPTACIÓN ED. INFANTIL

                   

O período de adaptación para o alumnado que se incorpora a 4º de Educación Infantil (3 anos) realizarase entre o 12 e o 21 de setembro segundo o cadro adxunto en formato PDF.

 

 


AVISO IMPORTANTE

O venres 6 de xullo, de 10 a 14 horas, farase entrega dos vales para as axudas de libros de texto ás familias que o solicitaran.


LIBROS DE TEXTO 2012/13

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2012/2013

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut