Skip to Content

Curso 2011/12

EDUCARED 2011

Entrega de premios do VI Encuentro Internacional Educared 2011, que tivo lugar o 20 de outubro no Ifema (Madrid). Parabéns a nosa compañeira Nieves.

LIGAZÓN COA ENTREVISTA PUBLICADA NO XORNAL LA VOZ DE GALICIA DO 27 DE NOVEMBRO DE 2011


EDUCARED 2011

MAGOSTO 2011

F O T O G R A F Í A S

Traballos feitos con castañas, froitos do outono e degustación de castañas

Aloxadas tamén na galería de fotos.


MAGOSTO 2011

Este ano no noso Colexio celebrarase o magosto o venres,11 de novembro. Será unha actividade de carácter lectivo coa participación só do alumnado e profesorado.

Ábrese no Colexio unha exposición de manualidades feitas con castañas polo que, a partir do luns, os nenos e nenas poden traer as súas creacións.

Unha das actividades que está previsto realizar o día 11 é unha exhibición de xogo con trompo polo que, o neno/a que o desexe pode traer o seu.


FOTOS DO SAMAÍN NO COLE

 

Publicado no blog "Colorines" de Ed. Infantil 5 anos


SAMAÍN 2011


EXPOSICIÓN DE CABAZAS
As cabazas expoñeranse o venres, 28 de outubro, na entrada do Colexio. Os nenos/as poderán traer as súas cabazas a partir do mércores 26.
SEMANA DA LECTURA FANTÁSTICA
A temática do medo será a protagonista. Na entrada da biblioteca organizarase unha exposición con libros sobre ese tema clasificados por ciclos.
CONTASCONTOS DE MEDO
As aulas poden preparar un conto e ir lerllo a outras durante esa semana
EXPOSICIÓN "OS NOSOS MEDOS"
Con todos os traballos realizados sobre a emoción e o medo ( debuxos, contos,..) elaboraremos o "Libro do Medo"

Distribuir contido


by Dr. Radut