Skip to Content

Curso 2017/18

EXCURSIÓN

Excursión de fin de curso de 5º e 6º de primaria ás Illas Cíes.

PROGRAMA USC

Seguindo co Programa da USC de "Igualdade de xénero" a profesora Paula López Martínez, do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CITIUS, impartiu ao alumnado de 4ºB a charla-obradoiro "A programación é cousa de nen@s"

CONTACONTOS

Na biblioteca do cole Celtia Figueiras, unha das compoñentes da compañía de monicreques "A Xanela do Maxín", contou as historias de "Os libros da titiriteira" aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Para conmemorar o Día das Letras Galegas saímos ao patio, onde formamos unha gran bandeira de Galicia e cantamos o Himno Galego. Acompañáronnos membros da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar.

Celebración conxunta Decoración do Centro

EXCURSIÓN

Saída de 3º e 4º de primaria a Fervenzaventura en Abades (Silleda) onde disfrutaron dun día de actividades ao aire libre.

 

PREMIOS BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

No VIII concurso de carteis do Día das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Ánxel Casal resultaron premiados:

  • Segundo Premio: aulas de 1º e 2º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Terceiro Premio: nenos e nenas de infantil 5 anos do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Accésit: alumnos e alumnas de Educación Infantil de 3 anos do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Accésit: Mara Espiño Cancela de infantil 5 anos.

Noraboa aos gañadores/as!!

Poema by 6ºA

6ºA: recítannos un pequeno poema.


0:54 minutes (851.06 KB)

O himno galego by 5ºA

Semana das Letras Galegas no CEIP Ramón Cabanillas.

O himno galego por 5ºA.


4:52 minutes (4.46 MB)

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE O PLANETA

Clase didáctica impartida pola nai de Noa, a profesora Almudena Hospido  do departamento de Enxeñería Química da USC, ao alumnado de 4ºA para a concienciación de emisións de CO2 e dentro do programa da Universidade de igualdade de xénero "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"

Día das Letras Galegas by 6ºB

Iniciamos a Semana das Letras Galegas en Radio Furelo coa emisión de 6ºB


3:15 minutes (2.97 MB)

Día das Letras Galegas by 6ºB

[audio-player]
0 bytes

EXCURSIÓN

Excursión de 1º e 2º ao centro de actividades da natureza Fervenzaventura en Silleda onde practicaron escalada, tirolina, tiro con arco e estiveron na granxa dos animais.

EDUCACIÓN VIAL

Xornada de educación vial para o alumnado de 5º de primaria organizada pola Policía Local no parque infantil de tráfico instalado en Amio.

SAÍDA DIDÁCTICA

Visita didáctica do alumnado de 6º de primaria á factoría Dairylac en Melide para coñecer o mundo das cooperativas.

Saída promovida pola Consellería de Medio Rural.

CORRELINGUA 2018

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria participaron na edición deste ano de Correlingua que tivo lugar no casco histórico da cidade.    

 

 IMAXES

"XOVES DE CONTO"

Na sesión de contacontos do xoves, 3 de maio, Mónica narrounos o conto "Te quero un montón", sentímonos moi identificados co que pasaba no conto e botamos grandes risotadas. Rematamos facendo un enorme e fermoso corazón de purpurina.

Para a profe Sabela by 1ºB


2:21 minutes (2.16 MB)

30 de abril de 2018 by 4 ANOS B

Unha historia do Camiño contada polo alumnado de 4 anos B. "A Lenda do Txori"


0:58 minutes (906.98 KB)

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE A AUGA

Sonia Barros e Cristina Lourido, nais de Alejandro e Sara respectivamente de 6º de Ed. Infantil B impartiron ao alumnado do último curso Ed. Infantil un obradoiro de sensibilización ambiental sobre a escasez, contaminación e a depuración das augas residuais urbanas. Grazas pola vosa colaboración.

CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Saída do alumnado á Galería Sargadelos para participar na Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Concello e a Editorial Kalandraka, adicada neste ano ao libro "A Horta de Simón".

6º ED. INFANTIL 1º ED. PRIMARIA 2º ED. PRIMARIA
Distribuir contido


by Dr. Radut