Skip to Content

Curso 2015/16

16 de maio 2016 by 4ºB


0:56 minutes (886.98 KB)

XOVES DE CONTO

O xoves, 12 de maio, Mónica Fernández contounos o conto " A Xoaniña Rosmona". Foi moi divertido e ao rematar creamos unha paisaxe con aromas incluídos!! Xenial!!

CHARLA

Hoxe venres, 13 de maio, estivo co alumnado de 3º e 4º de primaria o escritor Silvestre Gómez, autor do libro que limos conxuntamente nas aulas "Ti non xogas".

Contounos moitas cousas relacionadas co oficio de escribir e tamén asinou os nosos libros e no do Cole. Moitas grazas, Silvestre!!

REVÁLIDA DE 6º (II)

TELEXORNAL SERÁN  12/05/2016
 
MINUTO 15:43

TELEXORNAL GALICIA  11/05/2016

MINUTO 06:00

REVÁLIDA DE 6º

9 de maio 2016 by 4ºA


1:53 minutes (1.72 MB)

ENCONTRO

Organizado pola ANPA estase levando a cabo un encontro sobre habilidades sociais, impartido polo pedagogo Ramón Molina, celébrase os días 3 e 10 de maio na biblioteca do Centro

Máis información

CHARLA

A odontóloga Lucía Lago Méndez (nai de Antía e Noa) impartiu unha charla ao alumnado de 1º e 2º de primaria sobre saúde e hixiene buco-dental dentro do programa  "Sonrisas Brillantes, Futuros Brillantes" Foi unha xornada divulgativa e entretida e queremos agradecelle a súa participación.

2 de maio 2016 by 3ºB


1:15 minutes (1.14 MB)

XOVES DE CONTO

No último xoves de abril escoitamos con Mónica "O Camiño que non leva a ningunha parte" de Gianni Rodari, rematamos construindo un fermoso xoguete, un "chuflador". Foi xenial!

LECTURAS NA BIBLIO

Como cada último mércores de mes disfrutamos de lecturas de contos na Biblioteca! Qué ben o pasamos!

25 de abril 2016 by 3ºA


4:16 minutes (3.91 MB)

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na galería Sargadelos estase a levar a cabo a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura coa colaboración da Editorial Kalandra.

 

CONTACONTOS

O venres, 22 de abril, amenizounos a mañá a fantástica contacontos María da Pontragha, cuns contos tradicionais e unhas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Moitas grazas polas túas historias!

 

CONTACONTOS

Sandra Vázquez (nai de Lara Oviedo) ofreceu ao alumnado de 4º de infantil o contacontos "O animal máis forte do mundo" baseado nunha lenda africana da tribu dos Masai. Pasámolo moi ben e queremos agradecerlle a súa colaboración.

CHARLA

Este mércores a escritora Ana Alonso veunos falar aos alumn@s de 5º e 6º de primaria. Nas aulas limos un dos seus libros "Una mano en la piedra" que trata dunha aventura "prehistórica" na liña do proxecto que todo o Cole está a traballar ao longo de todo o curso. Pasámolo moi ben e animounos a sacar ao escritor ou escritora que levamos dentro.

SAÍDA AO PARQUE GRANELL

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela e o Museo de Historia Natural da USC, con motivo do Día Mundial da Árbore 2016, están a organizar roteiros guiados para centros de ensino.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA O que atopamos os de 5º de primaria

18 de abril 2016 by 2ºB


1:45 minutes (1.6 MB)

XOVES DE CONTO

Na actividade de "Xoves de Conto" do día 14 de abril o alumnado de Ed. Infantil disfrutou con Mónica Fernández do conto "Completamente diferente" e remataron a actividade pintando ao hipopótamo Bombolín de todas as cores porque todas son válidas e fermosas.

CHARLA

Onte, 12 de abril, na biblioteca disfrutamos dunha interesantísima charla para pais/nais profes a cargo de Ana Belén Montesa (nai de Pablo de 4ºA) psicóloga e pertencente á ANPA do Centro, sobre "sexualidade"

Velaí vai unha pequena mostra dalgúns libros para abordar este tema e tamén as conductas sexistas cos nosos fillos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut