Skip to Content

Curso 2014/15

SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2015/2016

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2015/2016.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (Publicado o venres, 8 de maio)

 

Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo

Máis información e impresos

Edición especial "Día das Letras Galegas 2015" by 3 anos A


0:44 minutes (685.76 KB)

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA

Dentro do proxecto de educación infantil deste curso  cinco pais/nais de alumnos/as impartiron charlas-obradoiros sobre as froitas. Foron a nai de Lola Rodríguez de 3 anos B, a nai de Martina de 4 anos A, o pai de Candela de 4 anos B, a nai de Pedro de 5 anos A e a nai de Anne de 3 anos B. 

CONTACONTOS

Voltou ao noso Centro Anxo Moure para contas as súas fantásticas historias, esta vez ao alumnado de infantil.

HORTO URBANO

Información publicada no xornal "La Voz de Galicia" do xoves, 30 de abril.

STORYTELLERS

We have created this blog to share our stories.

We hope you enjoy.

- Priyanka, English Language Assistant.

27 de abril 2015 (Entrevista a Lourenzo) by Carla/Xiana


4:38 minutes (4.25 MB)

CONTACONTOS

A última sesión de "Xoves de Conto" coincidiu co Día do Libro!!!, o 23 de abril, xa sabedes por qué se celebra nesa data??? Aínda non??? Pois... a investigar!!! Mirade o ben que o pasamos!!!

PLANTACIÓN

O alumnado de infantil puxo en marcha o horto urbano no que sementaron leitugas, cenorias, cebolas, amorodos, acelgas e plantas aromáticas.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Na biblioteca do Cole sumámonos ás celebracións do cuarto centenario da publicación da segunda parte de "El Quijote", pásate a ver os libros que temos e le ou volve ler esta incrible aventura, esperámoste!!!

20 de abril 2015 by Andrés/Marta


1:45 minutes (1.61 MB)

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na galería Sargadelos está en marcha a XV Campaña Municipal de Animación á Lectura con actividades ás que, neste curso, asistirán alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria.

PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

    Un grupo de membros do Distrito Forestal III con sede en Ordes estiveron no Centro para dar unha charla e concienciar ao alumnado do risco do lume nos nosos montes.

EXPOSICIÓN

Aproveitando o lema elixido este curso para as bibliotecas escolares: "Biblioteca Escolar...matemático"!!! podes ver expostos unha morea de libros na biblioteca. Achégate e descubre a diversión e moitas emocións coas Matemáticas

GARCÍA TEIJEIRO

O autor Antonio García Teijeiro estivo na Biblioteca cos alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria,  xogaron entre todos  a facer poesía. Ao remate asinou unha chea de libros.

Radio Furelo by Alumnos/as do Contrato-Programa len un poema de Antonio García Teijeiro


2:26 minutes (2.23 MB)

XOVES DE CONTO

Con Mónica e con "La Bruja Maruja", asombrámonos e divertímonos escoitando os líos nos que se mete esta aloucada. Tamén inventamos un conto entre tod@s nós, o conto do canciño Flufi e os seus amigos; e, para rematar, fixemos os nosos gatos negros de bruxa, cadanseu á súa maneira: rabudo, rabeno, cabezón, paticurto, fachendoso... Foron momentos meigos!

VOZ NATURA

Alumnado de Educación Infantil axudando a montar as xardineiras do horto escolar para o Proxecto Voz Natura.

23 de marzo 2015 by 5 anos B


1:14 minutes (1.13 MB)

16 de marzo 2015 by Iago/Asier


1:19 minutes (1.21 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut