Skip to Content

Curso 2011/12

AXUDAS LE

Listaxes correspondentes á Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 5/03/2012)

 


CONTACONTOS

O alumnado de 1º curso asistiu na Galería Sargadelos á sesión de contacontos "Unha viaxe de ida e volta" dentro da Campaña Municipal de Animación á Lectura, en colaboración coa Editorial Kalandraka. Fai clic na imaxe para ver as fotos.

 

 

 


CHARLA ABRAHAM CARREIRO

O escritor e debuxante Abraham Carreiro estivo na Biblioteca do noso Centro charlando co alumnado de 5º e 6º curso sobre o proceso creativo do seu primeiro libro de literatura xuvenil "Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata", que terá continuidade proximamente nunha nova entrega. Podes ver as fotos picando na imaxe.


Acceso á páxina web de Xoeliki

 

Comic protagonizado pola aula de 5ºB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


SAÍDAS

Engadidas novas imaxes á galería de fotos do Centro. Corresponden á obra representada no Teatro Principal para o alumnado de 3º e 4º e a un Obradoiro de Escrita Creativa na Galería Sargadelos para alumnado de 5º.

PREMIO

 

Paula Noya, de 11 anos e de 5º de Primaria do CEIP Ramón Cabanillas, foi a triunfadora na modalidade de 9 a 12 anos no concurso debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela
NORABOA!


ENLACE

 

 

 


DÍA DO LIBRO

 

Para conmemorar o Día do Libro, o 23 de abril estivo na biblioteca do noso Centro o autor galego Xosé Henrique Rivadulla Corcón. Charlou co alumnado de segundo ciclo sobre o seu libro "O elefante dunha soa orella" contestando a todas as súas dúbidas, logo asinou unha morea de exemplares do mesmo. Picando no debuxo podedes acceder á galería de imaxes.

 

 

 


Furelo xa está connosco!

 

Acábase de recibir no colexio unha nova carta da directora da biblioteca da Facultade de Filoloxía da USC, onde se informa do traslado do noso ratiño Furelo ao seu fogar. Lede a carta, pois contén información interesante sobre Furelo.

 

 

 

 


CONCERT

 

On April 17th we (6th A and 6th B) went to Dani Griffin's concert. We spent a great time singing, dancing and learning a lot of English. It was very funny. Dani said Galician students are fantastic.

You can do click on the picture to see the photos.

 

 

 


CONCERTO

 

O venres, 23 de marzo, a Escola Municipal de Música ofreceu o concerto didáctico "Cantos e Sons" para o alumnado de 5 anos e 1º de primaria. Para ver as fotos preme na imaxe.

 

 


CONTACONTOS

 

O día 22 de marzo tivemos na Biblioteca unha sesión de contacontos para educación infantil e primeiro ciclo de primaria a cargo de Inacio. Podedes ver fotos do mesmo clicando na imaxe.

 

 


DÍA FORESTAL MUNDIAL

Escolares de 5º e 6º do noso Centro participaron nunha plantación de árbores no monte Gaiás.


ACCESO Á GALERÍA DE FOTOS

 


ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO DE 6º

ENLACE

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo estivo no noso Colexio Beatriz Gómez, unha arqueóloga do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas), para darnos unha charla ao alumnado de sexto de Primaria, sobre o papel da muller na sociedade ao largo dos anos e, en particular, das mulleres científicas.

Aprendemos que no pasado non tiñan acceso á educación, non votaban..., só se adicaban ao coidado da familia e da casa. Logo, foron adquirindo dereitos pero, ao incorporarse ao traballo, non se lles recoñecían e cobraban menos, só polo feito de ser muller.

Agora todo iso vai cambiando, aínda que son poucas as mulleres en postos de responsabilidade e, nalgúns lugares non hai igualdade de xénero en todos os ámbitos.

Foi unha actividade amena, interesante e de reflexión para todos/as.

Participamos en directo, no programa que estaba a realizar a Radio Galega, na entrevista que fixo o xornalista á conferenciante e a varios de nós. Resultou unha bonita experiencia.

(Alumnado de sexto)


SERÁ OU NON, FURELO?

É o noso Furelo o rato que apareceu na Biblioteca da Facultade de Filoloxía da USC?
Le a carta que acabamos de recibir, e mira con atención as imaxes do arquivo.
Se cres que pode ser o noso rato Furelo, tenta de atopar probas para enviarlles á Biblioteca da Facultade de Filoloxía e, dese xeito, recuperar ao noso rato Furelo.
Atopade probas e levádeas á nosa Biblioteca decontado.

HAI QUE TRAER A FURELO DE VOLTA AO COLE!!


CHARLA



O día 9 de marzo, na biblioteca do Centro, tivemos un encontro co escritor de literatura xuvenil Gonzalo Moure, autor de dous libros lidos polo noso alumnado neste curso "Palabras de Caramelo" (terceiro ciclo) e "Cama y cuento" (segundo ciclo) nos que presta especial atención aos problemas sociais.



VISITA DO CONSELLEIRO

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou o noso Centro.
Xesús Vázquez Abad anunciou obras de mellora no colexio por importe de 3.000 euros.
ENLACES

CHARLA

O día 9 de marzo, na biblioteca do Centro, teremos un encontro co escritor de literatura xuvenil Gonzalo Moure, autor de dous libros lidos polo noso alumnado neste curso "Palabras de Caramelo" (terceiro ciclo) e "Cama y cuento" (segundo ciclo) nos que presta especial atención aos problemas sociais. Naceu en Valencia en 1951 e na actualidade reside en Asturias, foi gañador de numerosos premios de literatura infantil e xuvenil.

 


 

ENTROIDO 2012

O venres 17 de febreiro celebrouse no Colexio a festa do Entroido, este ano adicada aos nosos bosques. Despois do desfile e actuación do alumnado, grazas a colaboración de pais/nais, degustáronse os doces típicos (filloas, orellas, rosquillas...) Podedes ver imaxes da mesma na galería de fotos. Grazas a todos/as.

 

 

(Presentación publicada no blog de medio ambiente)

En actividades complementarias tedes un enlace a traballo realizado polo Concello de Teo no que podedes aprender cousas sobre o Entroido.


NADAL 2011

ALGUNHAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS PARA ESTAS DATAS

 

Decorar os diferentes espazos do Centro con adornos navideños feitos entre todos os alumnos/as, pequenos e grandes.

Concurso de debuxo destinado a todo alumnado para ilustrar o calendario 2012.

Elaboramos carteis de Nadal para o Concurso organizado polo Concello de Santiago.

Visita dos Paxes Reais o próximo 15 de decembro para recoller as cartas escritas polos pequenos de Infantil e 1º Ciclo.

Guías de lectura con recomendación de contos, libros e agasallos, para todos os niveis, elaboradas pola Biblioteca do Centro

 

 


CONTRATOS PROGRAMA

Aceptado o CEIP Ramón Cabanillas xunto con outros tres centros educativos de Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut