ENTROIDO

 

Este ano celebramos o Entroido dun xeito especial, e moi relacionado co Proxecto Documental Integrado sobre As Viaxes qu estamos desenvolvendo no cole.

Aproveitando cousiñas da casa, Nicoleo propuxo uns mandados acumulativos moi chulos: 

 

PARA O LUNS

ESTE ANO NICOLEO POLO MUNDO ANDA DE PASEO

A EQUIPAXE HAI QUE MONTAR

ASÍ QUE TRAE UN BOLSO, MOCHILA OU CESTO

QUE ÍMOLO A ACOMPAÑAR.

PARA O MARTES

SENON QUERES COLLER UNHA INSOLACIÓN

TRAE ALGO PARA PROTEXERTE DO SOL.

PARA O MÉRCORES

O TERCEIRO DÍA, O NOSO MANDADO MÁIS ESPECIAL

VEN A ESCOLA DEREITIÑO DA CAMA

E TRAE O TEU PIXAMA.

PARA O XOVES

PARECE QUE IMOS A UN LUGAR CON MOITO SOL

TRAE UN COMPLEMENTO PARA IR A PRAIA

O venres o disfraz foi libre, e ademais merendamos productos típicos destas datas: orellas e rosquillas...

Agardamos con ansia o próximo entroido, non sabedes canto nos gusta estar en pixama no cole!!!