ENTROIDO
Este ano celebramos o Entroido dun xeito especial, e moi relacionado co Proxecto Documental Integrado sobre As Viaxes qu estamos desenvolvendo no cole.
Aproveitando cousiñas da casa, Nicoleo propuxo uns mandados acumulativos moi chulos:
PARA O LUNS
ESTE ANO NICOLEO POLO MUNDO ANDA DE PASEO
A EQUIPAXE HAI QUE MONTAR
ASÍ QUE TRAE UN BOLSO, MOCHILA OU CESTO
QUE ÍMOLO A ACOMPAÑAR.
PARA O MARTES
SENON QUERES COLLER UNHA INSOLACIÓN
TRAE ALGO PARA PROTEXERTE DO SOL.
PARA O MÉRCORES
O TERCEIRO DÍA, O NOSO MANDADO MÁIS ESPECIAL
VEN A ESCOLA DEREITIÑO DA CAMA
E TRAE O TEU PIXAMA.
PARA O XOVES
PARECE QUE IMOS A UN LUGAR CON MOITO SOL
TRAE UN COMPLEMENTO PARA IR A PRAIA
O venres o disfraz foi libre, e ademais merendamos productos típicos destas datas: orellas e rosquillas...
Agardamos con ansia o próximo entroido, non sabedes canto nos gusta estar en pixama no cole!!!