1º curso

Certame Intercentros 25 aniversario

Para festexar o 25 Certame de Intercentros, que aínda por riba estaba organizado polo noso colexio, os nenos e nenas de 1º traballamos moitísimo para facer a obra de teatro "O casamento da pola". Primeiro había que buscar disfraces sinxelos para poder facer na clase; unha vez elexidos había que confecionalos, modificando o que fose necesario; e, sobre todo, había que ensaiar moito para facelo estupendamente cando chegase o día.

Despois de moito esforzo e moitísimo traballo, podemos dicir que foi unha experiencia estupenda e que o pasamos xenial!! Premendo na 1º imaxe veredes un vídeo sobre a confeción dos disfraces; na 2º veredes algúns dos nosos moitos ensaios, e na 3º veredes a nosa actuación do festival. Agardamos disfrutedes tanto deles coma nós.

     

                                           

Granxa Escola Belelle

Como excursión de fin de curso, este ano fomos cos nenos e nenas de Educación Infantil do colexio á Granxa Belelle. Foi unha experiencia estupenda e, ademais, encontrámonos cos compis do ano pasado e pasámolo xenial. Premendo na 1ª imaxe podedes ver unha presentación sobre esta actividade e, premendo na 2º, veredes un pequeno vídeo con algunhas das experiencias que alí vivimos. Esperamos que vos gusten!!

         

Casa das Ciencias e Planetario da Coruña

Para rematar abril, fixemos unha saída que tivemos que atrasar por mor do mal tempo e, a verdade, e que tiñamos moitas ganas de ir... Así que collimos o bus e, xunto con 2º, marchamos para A Coruña a ver a Casa das Ciencias e o Planetario e, de paso, o parque de Santa Margarita que é moi bonito. Picando na primeira imaxe veredes un vídeo sobre algunhas das cousiñas que alí vimos e, picando na 2ª, podedes ir á web da Casa das Ciencias da Coruña.

    

5ª Feira do Troco

Polo Día do Libro levamos a cabo no colexio unha Feira do troco de libros, a quinta da nosa historia. Mirade que lindos contiños collimos a cambio dos nosos vellos libros!! Picando na imaxe veredes unha presentación do que alí aconteceu.

          

"Da fantasía á realidade" Fundación Caixa Galicia Ferrol

Dende a Fundación Caixa Galicia se ofertou ao colexio unha actividade titulada "Da fantasía á realidade: Pintura de Galicia de 1833 a 1936". Esta actividade estaba composta dunha visita guiada ao museo, un obradoiro de pintura e, se facía mal tempo, puñan á nosa disposición unha sala de proxeción onde ver unha película.

O 1º ciclo fomos este abril á actividade e pasámolo xenial!! Picando na 1ª imaxe podedes ver un vídeo da actividade e, picando na 2º, veredes información sobre esta exposición.

Plantamos no invernadoiro

Chegou abril e, como por fin o cole preparou o invernadoiro, escollimos as prantiñas que queriamos e alá fomos a prantalas. Como non sabiamos, os nenos e nenas de 4º nos ensinaron e axudaron a prantalas. O fixeron xenial e pensamos que nós tamén, polo menos lle puxemos moitas ganas e esforzo.

Picando na 1ª imaxe veredes unha pequena presentación do que alí aconteceu e, picando na 2ª, veredes un vídeo coa actividade. Foi unha experiencia excelente.

Aniversarios de febreiro e marzo

O día das notas e para celebrar os aniversarios de Esther, Carlos e Alejandro, fixemos unha festa na clase que a tiñamos ben merecida. Faltou Noa, que tamén estaba de aniversario pero xa o festexaremos outro día. Picando na imaxe poderedes ver o vídeo do ben que o pasamos.

          

"Boas noites" de Paula Carballeira polo alumnado de 3º

Como ensaio da obra para o Festival Intercentros de este ano, o alumnado de 3º veu á nosa clase á expornos a obra "Boas noites" de Paula Carballeira. Se premedes na imaxe poderedes ver o ben que o fixeron.

                                       

Banco de alimentos Rías Altas

Dous representantes do Banco de  Alimentos Rías Altas viñeron á escola a informarnos un pouco da súa importante labor e para propornos unha actividade de recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas. Esta actividade terá lugar no centro en pouco tempo e será coordinado polos maiores do cole.

Premendo na imaxe poderedes ver un vídeo con algunhas das cousiñas que nos contaron e, premendo no logo podedes ir á páxina web do proxecto.

Ponlle as pilas ao teu bocata!!

Como parte do proxecto de alimentación do centro e, para traballar un pouco os produtos que nos dá o mar, viñeron á escola os responsables de Ponlle as pilas ao teu bocata!! Ademais de darnos de comer moi ben, o pasamos xenial gracias ás súas actividades. Tamén nos gustaron moito os seus agasallos dunha gorra e un folleto con información sobre uns bocatas ben ricos e saudables. Picando na 1ª imaxe veredes unha presentación con cousiñas do que alí aconteceu e, picando na 2ª imaxe, veredes un pequeno vídeo da exposición e xogo que nos fixeron.

Moitas grazas por vir, foi un pracer tervos connosco!!

 

Distribuir contido