1º curso

Carreira de Sabichóns 2014

Para rematar o curso e repasar moito do traballado, a final de curso fixemos a xa tradicional "Carreira de sabichóns" na que se traballan probas de Lingua, Matemáticas, Coñecemento do Medio, Educación Física e Inglés, ademais dun xogo de busca a partires de pistas para completar un crebacabezas.

Na imaxe podedes ver os equipos que participaron e, premendo nela, poderedes ver o vídeo de como practicamos e como resultou esta Carreira.

                            

Aniversarios Xuño, Xullo e Agosto

Para ir rematando o curso, decidimos celebrar os aniversarios de xuño, xullo e agosto, que foron os de Christian, Sara Gil, Bruno, Vania e Noa, a cal non o celebrara no seu momento.  Como facía bo tempo, saímos ao parque a comer e xogar e, aínda que nos voaron bastantes lambetadas por culpa do vento, o pasamos xenial, e xogamos e disfrutamos como merecemos despois dun curso intenso.

Premendo na imaxe poderedes ver o vídeo do que alí aconteceu.

Ensaios Certame de Poesía

Dende o Equipo de Normalización Lingüística do colexio, nos propuxeron levar a cabo un Certame de poesía no centro. Como nos encantaron as poesías de Xosé María Díaz Castro e de Antón Cortizas, moitos e moitas de nós animámonos a participar no Certame e, individualmente, por parellas ou cuartetos preparamos unhas fermosas poesías. Para practicar fixemos unha 1ª exposición na clase e, despois, saímos ao Paseo Marítimo con 3º e 4º de Primaria a recitar os nosos poemas. Premendo na imaxe veredes un vídeo con este ensaios.

Simulacro de Incendio

Durante este curso, o concello de Narón e Protección Civil están a levar a cabo un "Plan de autoprotección nas escolas" e o noso centro participou no mesmo levando a cabo varias sesións de formación co profesorado, as cales consistiron nun curso de primeiros auxilios e outro de extinción de incendios, así como a elaboración dun plan axeitado ás características da nosa escola.

Este plan precisaba ser levado a cabo mediante un simulacro de incendio no colexio. Premendo na imaxe veredes unha presentación relacionada con este plan e o posterior simulacro.

Talent Show 2014

Samantha, a nosa auxiliar de conversa, propuxo no colexio hai un tempo realizar un Talent Show. Todos e todas podíamos participar pero só algúns se atreveron e mirade o ben que o fixeron.

Premendo na imaxe poderedes ver a entrada na web e tódolos vídeos do que alí aconteceu.

                                                  

Nos despedimos de Samantha

Durante este curso disfrutamos da presencia de Samantha, unha estupenda rapaza de Canadá que viu ao cole como auxiliar de conversa e que conquistou os nosos corazóns. Lle fixemos moitos agasallos porque ela ben os merece, e xa estamos desexando que volte o curso que vén a seguir disfrutando con ela.

Moitas grazas por todo!! Foi unha sorte contar contigo!!

  

CAMISOLA DE AGASALLO DE SARA GIL e SARA GONZÁLEZ                                     FOTO  COA   CLASE

Aniversarios Abril e Maio

Para rematar ben o mes de maio, que mellor que celebrar os aniversarios de abril e maio. Nesta ocasión fixemos unha festa para Eric, Adrián Felices, Uxía e Miguel. Lles fixemos uns debuxiños e eles nos convidaron a tarta de chocolate, uns aperitivos e uns ricos zumes.

Premendo na imaxe poderedes ver o vídeo do ben que o pasamos neste día.

             

Visita de Antón Cortizas

Durante este curso, algúns dos alumnos e alumnas do centro, e nós tamén, limos o conto de Antón Cortizas "Era unha vez na Quimbamba". E, dende a súa editorial, nos mandaron ao autor á escola a facernos unha interesantísima actividade sobre o seu traballo.

Premendo na imaxe poderedes ver un vídeo con esta estupenda experiencia. Moitas grazas por vir!! Volve axiña a visitarnos!!

                                      

Carreira Solidaria 2014

Este ano, igual que o anterior, colaboramos con Save the children na súa 10ª carreira solidaria, esta vez polos nenos de Etiopía. O alumnado debía buscar patrocinadores que aportaran cartos á causa e, como somos mois solidarios, corrimos coma tolos para poder colaborar. Mirade canto nos esforzamos!!
Picando na 1ª imaxe veredes un vídeo da carreira de 1º e, na 2ª, podedes ver a web de Save the Children onde explican este proxecto.

   

Letras Galegas - Penélope polo alumnado de 3º de Primaria

Polas Letras Galegas estudamos a figura e obra de Xosé María Díaz Castro e, para coñecer unha das súas obras máis famosas "Penélope", Hugo Vizoso, Laura e Lucía de 3º de Primaria viñeron á clase a lermos esta fermosa poesía.

Picando na 1ª imaxe veredes a lectura dos nosos compañeiros e, premendo na 2ª, atoparedes enlaces a unha morea de actividades sobre este autor.

Distribuir contido