1º curso

Aniversarios de Setembro

Para comezar ben o curso que mellor que facer unha estupenda merendola e mañá de xogos celebrando os aniversarios de setembro!!

Nesta ocasión démoslles unha bonita festa a Erea, Juan, Miguel e Celso. Pasámolo pipa!!

Se premedes na imaxe podedes ver un pequeno vídeo do que aconteceu.

Comeza un novo curso no Ponte de Xubia. Benvidos a Primaria!!

Comeza un novo curso no Ponte de Xubia e os pequerrechos e pequerrechas de Euloxio entraron no colexio cunhas enerxías enormes e moitas ganas de ver o que lles agardaba en Primaria.

Aquí os tedes coa súa cariña de ilusión e agardamos que sexa unha etapa que non esquezan facilmente.

Festival do Entroido

O 5 DE FEBREIRO CELEBRAMOS NO COLE O FESTIVAL DO ENTROIDO. FIXEMOS O DESFILE POLA RÚA, COMIMOS OS POSTRES DO ENTROIDO E QUEIMAMOS O MECO. 

A CLASE DE PRIMEIRO FOMOS DISFRAZADOS DE DERPORTISTAS DE HALTEROFILIA.

DENDE AQUÍ DOU AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS.

 

Día da Paz

O día 29 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". Este ano estaba dedicado a Malala. Cada neno e nena coloreou un debuxo e escribiu nel unha frase de porque lle gusta o cole, logo pegamos os debuxos nun mural. Despois todo o colexio saímos ao patio para representar unha canción. Logo fixemos un abrazo en cadea.

Festival de Nadal

ESTA É A ACTUACIÓN DE NADAL DOS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA. FIXÉRONNO XENIAL!!!

AQUÍ TEDES TODAS AS FOTOS.

 

 

Saída centro comunitario "Manuela López Sequeiros"

O PASADO 20 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CURSO FIXEMOS UNHA SAÍDA AO CENTRO COMUNITARIO DE NARÓN: "MANUELA LÓPEZ SEQUEIROS".

AO CHEGAR, PUXÉRONNOS UN VÍDEO EXPLICANDO TODAS AS ACTIVIDADES QUE REALIZAN ALÍ.

DESPOIS NOS ENSINARON AS INSTALACIÓNS.

A CONTINUACIÓN COLOREAMOS COS MAIORES UNHA MANDALA DE NADAL.

PARA FINALIZAR, TIVEMOS UNHA SESIÓN DE IOGA CUNHA MONITORA.

A VISITA FOI MOI INTERESANTE.

Saída "Fundación Abanca"

O 17 de novembro fomos á Fundación Abanca. Alí un monitor nos ensinou a exposición de Isidoro Brocos. Tamén houbo tempo para colorear un debuxo.

Saída ao teatro

O 9 DE NOVEMBRO FIXEMOS A PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO. FOMOS 1º E 2º CICLO AO PAZO DA CULTURA DE NARÓN. ALÍ NOS XUNTAMOS CON ALUMN@S DE OUTROS COLES. FOI MOI INTERESANTE.

Celebración do Samaín

O PASADO 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLEXIO A FESTA DO SAMAÍN. FOMOS TOD@S DISFRAZAD@S. DÁBAMOS MEDO!!! 

Visita dos compis de 5 anos

Os nenos e nenas de 5 anos do colexio, para o curso veñen para Primaria e, para que veñan con máis ganas, lles fixemos unha presentación para explicarlles como funcionan as cousas en Primaria. Ademais tamén lles fixemos uns pequenos agasallos e, como non, unha estupenda festa!!

Pola súa parte, eles nos trouxeron un estupendo mural para colocar na clase e unhas larpeiradas para a festa. Moitas grazas por vir!! Foi moi divertido!!

Premendo na 1º imaxe veredes a presentación que utilizamos e, premendo na 2º, veredes o vídeo desta visita.

Distribuir contido