1º curso

Envío de postais

Para festexar o Nadal e aprender cousiñas sobre as nosas casas e os nosos enderezos, fixemos unha actividade na clase de envío de postais na que cada neno e nena da clase mandou e recibiu algunhas postaliña dos demais.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo coa actividade

Animación á lectura de Santillana: Roald Dahl

Durante este curso traballamos moito a Roald Dahl, autor de libros infantiles que nos encanta e do que limos moitos contos e vimos moitas pelis. Como parte desta actividade, un animador á lectura de Santillana veu á clase a facer unha actividade moi divertida con nós.

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo do que aconteceu neste día

Actuación de Nadal

Para o festival de Nadal, imos cantar a canción "When Santa got stuck up the chimney", unha panxoliña inglesa moi coñecida e divertida.

Aquí debaixo podedes ver o vídeo da canción e a letra da mesma

When santa got stuck up the chimney he began to shout
"You girls and boys won't get any toys
if you don't pull me out.
My beard is black,
there's soot in my sack
my nose is tickling too!"
When santa got stuck up the chimney
A-choo, a-choo, a-choo!

Saída ao muíño de Pedroso

Outra das saídas que fixemos foi ao muíño de Pedroso xunto cos compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria. Alí levamos a cabo un obradoiro de pan e fixemos un rico boliño, un obradoiro de marmelada de kiwi, peneiramos fariña e nos ensinaron como funciona o muíño. Aprendimos un montón ademais de levarnos un rico recordo en forma de boliño e tarro de marmelada para o almorzo.

Foi unha experiencia estupenda e agardamos volver outro ano a seguir aprendendo cousas.

Premendo nas imaxes veredes as actividades que alí fixemos.

Magosto

Despois do Samaín toca celebrar o Magosto, esa festa na que nos enchemos a comer castañas e facemos divertidos xogos cos nosos compañeiros e compañeiras do colexio. Este ano, compartimos os xogos cos alumnos de Infantil xa que, hai pouqiño, nós estabamos sempre con eles.

Pasámolo xenial!! Premendo na imaxe podedes ver un vídeo cos xogos e a festa do Magosto.

Visita de Berta para amosarnos o seu traballo

Como parte do que estamos a aprender en Ciencias Naturais relacionado co corpo humano e os ósos, visitounos Berta, a nai de Tiago Lorenzo, xa que traballa na residencia facendo radiografías. Fixo con nós unha actividade moi interesante e entretida na que nos amosou distintas radiografías dos ósos, os aparellos cos que traballa e no ensinou tamén moitas imaxes de ósos a partires de xogos.

Foi un pracer tela con nós e agardamos que volva axiña. Moitas grazas!!!

Samaín

Como todos os anos, no colexio celebramos o Samaín e pasamos uns días moi entretidos decorando cabzas, facendo unha exposición, disfrazándonos e maquillándonos e, sobre todo, xogando e bailando que é o que máis nos gusta.

Premendo nas imaxes veredes algúns vídeos e presentacións das actividades que fixemos durante estas festas.

Teatro "Rubicundo" de Ghazafelhos

Como todos os anos, dende o Concello convidáronnos a asistir á actividade de Teatro na escola. Nesta ocasión asistimos á divertida obra de teatro "Rubicundo", escrita por María Canosa e representada polo grupo teatral Ghazafelhos.

Pasámolo xenial e disfrutamos moito cunha obra na que vimos, ademais de teatro, música, baile e, sobre todo, moita comedia. Premendo na imaxe poderedes ver un pequeno extracto desta xenial obra.

A aventura está no mar

Como parte do proxecto de alimentación deste ano, viñeron á escola a facer con nós unha actividade chamada "Unha aventura no mar" onde unhas personaxes explicáronnos as propiedades dalgúns dos peixes máis habituais na nosa alimentación e nos explicaron os beneficios e aportes que realizan á nosa saúde.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo do que aconteceu nesta actividade.

A nosa primeira saída ao parque

Unha vez comezado o curso puidemos comezar tamén a disfrutar do estupendo parque que temos ao lado da escola, e aproveitando este outono tan solleiro, saímos xogar e disfrutar da nosa contorna.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo dos nosos xogos no parque.

Distribuir contido