3º curso
Materiais para traballo na casa - Lengua castellana
Neste apartado podedes descargar os repasos de lengua castellana de todo o visto ata o de agora. Lembrade que o máis importante é que lean e escriban algo todos os días. Ademais tamén tedes moitos xogos e actividades na aula virtual do centro.
Materiais para traballo na casa - Matemáticas
Ola a todos e todas!!
Para traballar estas semanas que imos estar na casa vos deixo nesta páxina ligazóns a exercicios de repaso do libro para que poidades descargalos. Lembrade que ademais tedes unha morea de actividades e xogos na aula virtual do centro para repasar todos estes contidos.
Agardamos que todo vaia ben e se tedes algunha dúbida aquí estamos para solucionala. Graciñas e apertas!!
Cancións Nadal
Estas son as cancións do festival de Nadal para que os nenos e nenas poidan ir ensaiando.
Rockin´ around the christmas tree
Plantamos na clase con Vanessa, nai de Yago Freire
Como xa está a converterse en tradición, este ano outra vez contamos coa marabillosa colaboración de Vanessa, a nai de Yago Freire, para que nos axudase a montar a nosa particular horta na clase. Esta vez plantamos unha leituga cada un e ademais, en conxunto, unhas pouquiñas cabazas, allos, patacas, tulipáns e legumes en algodón.
Premendo na imaxe veredes un vídeo deste bonito día.
Día de Rosalía: "O moucho"
Este ano no día de Rosalía, cada curso recitou no patio poemas de Rosalía de Castro e, entre todos, cantamos a canción "O moucho" de Migallas, baseada nun poema da escritora.
Premendo na imaxe veredes a actividade dese día.
Visita a Afundación Ferrol "Exposición fotográfica de Cristina Mittermeier"
E ao pouco de ir á DOMUS voltamos saír a visitar a exposición de Cristina Mittermeier que hai en Afundación en Ferrol. Cristina Mittermeier é unha fotógrafa mexicana que está moi implicada na conservación da natureza e, para isto, busca impactarnos coa súa fotografía onde nos amosa como o ser humano inflúe no seu entorno e, sobre todo, nos animais e no mar.
Se queredes ver a súa obra non dubidedes en ver a súa web que é excelente.
Día da Paz : Contos e Don Melitón
Este ano, polo Día da Paz, fixemos varias actividades. Por un lado, fomos á clase dos pequenos da escola a contarlles contos de paz e non violencia. LLes contamos os contos de "Negro e Branco" e "Orellas de Bolboreta" e, ademais, cantamos con todo o cole a canción "Don Melitón".
Agardamos que vos guste. Premendo na imaxe veredes o vídeo destas actividades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »