Visita a Afundación Ferrol "Exposición fotográfica de Cristina Mittermeier"

E ao pouco de ir á DOMUS voltamos saír a visitar a exposición de Cristina Mittermeier que hai en Afundación en Ferrol. Cristina Mittermeier é unha fotógrafa mexicana que está moi implicada na conservación da natureza e, para isto, busca impactarnos coa súa fotografía onde nos amosa como o ser humano inflúe no seu entorno e, sobre todo, nos animais e no mar.

Se queredes ver a súa obra non dubidedes en ver a súa web que é excelente.

https://cristinamittermeier.com/

Ademais, despois da exposición, dimos unha volta polos Cantóns de Ferrol onde coñecimos máis as esculturas e árbores alí prantadas, as cales vimos moitas veces pero pouco sabiamos delas.

Premendo na imaxe veredes un anaquiño desta saída.