1º curso

Teatro xaponés - Berta, nai de Tiago Lorenzo

Berta, a nai de Tiago Lorenzo, veu á nosa clase a facernos disfrutar dunha bonita sesión de teatro xaponés. Primeiro fixemos un contiño entre toda a clase e, despois, preparou unha preciosa actividade na que ela e mais a súa familia, nos contaron o conto que fixemos entre todos.

Premendo na imaxe veredes un vídeo desta estupenda actividade. Moitas grazas por vir!!

Aniversarios de xaneiro e febreiro

Para comezar ben o mes de marzo celebramos os aniversarios de xaneiro e febreiro. Nesta ocasión estaban de cumple Tiago Lorenzo, Erik, Adrián Barcón, Dani e Yago Amado. Como sempre, comimos un montón de chuches, xogamos e bailamos para celebralo.

Premendo na imaxe veredes un vídeo do que aconteceu este día.

Entroido - Os Mimpins de Roald Dahl

Este ano polo Entroido nos disfrazamos das personaxes de Roald Dahl e, como a nós encantounos o libro dos Mimpins, deicidmos transformalos neles e facer da nosa clase unha enorme árbore chea de pequenos ananiños.

Premendo na imaxe veredes un vídeo da festa do Entroido

Exposición sobre a Vespa Velutina de Dani, pai de Tiago Lorenzo

Xa está a piques de chegar a primavera e Dani, o pai de Tiago Lorenzo, veu á clase a explicarnos cousiñas sobre a vespa velutina e como facerlle fronte.

Premendo na imaxe veredes un vídeo do que nos explicou

Teatro: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

O segundo trimestre en Lingua galega o imos dedicar a representar obras de teatro. A primeira de todas será " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Premendo nas imaxes podedes ver un vídeo da representación que fixemos ao alumnado de 2º de Primaria, outro vídeo cos ensaios e, para rematar, un vídeo do conto da Toupiña coas nosas voces.

 

 

Exposición sobre a célula de 6º de primaria

O alumnado de 6º de Primaria veu á nosa clase a explicarnos o que aprenderon sobre a célula. premendo sobre a imaxe podedes ver un pequeno vídeo do que nos contaron.

Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz, este curso decidimos crear unha Ponte para a convivencia na que cada curso debía escribir palabras que considerase importantes para a paz e así, entre todos, formar unha fermosa paisaxe de convivencia. Para esta ocasión aprendimos ademais a canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" e bailar con ela para festexar este fantástico día.

Premendo na primeira imaxe veredes unha presentación do noso mural e, na segunda, un pequeno vídeo do acontecido este día.

Saída á Casa das Ciencias e o Planetario de A Coruña

Como inicio do proxecto sobre "O Sistema Solar" que imos levar a cabo o 2º trimestre, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria imos visitar o Planetario e a Casa das Ciencias da Coruña.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo do que alí fixemos. Foi moi divertido!!

Festival de Nadal

E, por fin chegou o Nadal!!! Os nenos e nenas de 1º cantamos a panxoliña en inglés "When Santa got stuck up the chimney" que, nun primeiro momento nos custou un pouco aprender pero, con esforzo, fixemos un traballo excelente!!!

Premendo na imaxe podedes ver esta marabillosa actuación.

Aniversarios de novembro e decembro

Antes do Nadal celebramos os aniversarios de novembro e decembro para rematar ben o trimestre. Nesta ocasión festexamos os cumples de Uxía, Yago Freire, Alejandra e Ainara. Foi moi divertido!

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta festa.

Distribuir contido