Actividades

25 DE NOVEMBRO DÍA DA NON VIOLENCIA

O luns día 25 de novembro quixemos conmemorar tan importante data no calendario programando diversas actividades durante toda a semana. Como sabedes o día 25 é o día da Igualdade de Xénero e en Contra da Violencia Machista. Na hora lectura estivemos a ler libros que tratan da Igualdade tanto en castelán como en galego. Os nenos de 5º e 6º foron os padriños e madriñas lectores dos nenos e nenas de Infantil.

MAGOSTO 2019

O pasado venres 22 de novembro celebramos no centro o magosto. As 9:30 da mañá fixemos 6 grupos mesturados de nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Fomos ao ximnasio onde Ana, a nosa mestra de Educación Física, preparara 6 xogos tradicionais galegos: a rá, os zancos, os bolos, as chapas, sogatira e petanca. As 10:30 tocoulles o turno aos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Educación Primaria que de novo mesturados baixaron ao ximnasio a desfrutar dos xogos tradicionais.

ESFOLLA

O día 7 de novembro dúas monitoras do Concello viñeron a facer un taller sobre a esfolla cos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria.

TEATRO 2019

Como todos os anos en outono asistimos ao Pazo da Cultura de Narón ou ao Auditorio Municipal a desfrutar do teatro de pequenas compañías galegas. O día 18 de outubro 5º e 6º EP foron a ver Lazarillo de Tormes.

CHEGOU O SAMAÍN AO PONTE DE XUVIA

Encántanos celebrar o Samaín no noso centro e este ano o día 29 de outubro estivemos a decorar cabazas. Os pais e nais viñeron a botar unha man cos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de EP. Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP tiveron uns talleres organizados polo Concello que veu a colaborar con eles e os máis maiores os de 5º e 6º EP traballaron cos seus titores.

10 DIAS DE MEDO

Este ano o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Linguística preparou un mini proxecto denominado Dez Días de Medo. Nos recreos e no tempo de lectura os rapaces e rapazas desfrutaron de contos de medo para todas as idades. Algúns dos cursos tamén tiveron curtas e cancións de medo. No recreo mestras voluntarias leron os primeiros días contos e nos últimos días foron os propios rapaces e rapazas os que contaban contos da biblioteca ou das súas casas.

ESCOLAS NO CAMIÑO

Neste primeiro trimestre durante os meses de setembro e outubro a rapazada de 4º EP e de 5º EP estivo a participar no proxecto Escolas no Camiño promovido polo Concello de Narón para difundir o Camiño Inglés no seu paso por Narón.

PARTICIPAMOS NO CONSELLO MUNICIPAL DO CONCELLO DE NARÓN

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL

Durante este curso escolar 2019/2020 o Concello de Narón a través do Departamento de Seguridade Vial está a promover a constitución dun Consello de nenos e nenas dos Centros de Primaria de Narón co obxecto de crear un espazo de debate entre o alumnado para que colaboren no deseño e na planificación de servizos e espazos

LETRAS GALEGAS 2019: ACTIVIDADES

O 10 de maio, 27 nenos e nenos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria participaron nunha Macromuiñeira celebrada en Navantia. Había un total de 660 participantes de centros educativos da comarca. A mestra Ana Belén, titora de 3º, foi a que nos enseñou os pasos e nos recreos ensaiábamos.

XXX CERTAME INTERCENTROS

O pasado día 29 e 30 de abril o alumnado do noso centro acudíu a 30º celebración do Certame Intercentros. O día 29 acudíu o alumnado de 5º de EP coa canción “Que Non se Repita a Historia”, lograron un accesit.

Distribuir contido