LETRAS GALEGAS 2019: ACTIVIDADES

O 10 de maio, 27 nenos e nenos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria participaron nunha Macromuiñeira celebrada en Navantia. Había un total de 660 participantes de centros educativos da comarca. A mestra Ana Belén, titora de 3º, foi a que nos enseñou os pasos e nos recreos ensaiábamos. Esta actividade tiña como finalidade das visibilidade a muiñeira como patrimonio inmaterial da nosa terra e para acadalo elaborouse un videoclip que poderes ver a continuación...

 

Na semana das Letras Galegas, mostramos a Muiñeira que aprendéramos a todo o Centro e, todos os alumnos e alumnas de Ponte de Xuvia, bailaron con nós a danza. O día 22 de maio foi o baile cos nenos e nenas de Primaria e o día 23 cos de Infantil e ambos días o resultado estivo moi ben.

Tamén fixemos unha gymkana coa rapazada de 4º, 5º e 6º.  Mesturamos os tres cursos e tiveron que resolver cuestións sobre o homenaxeado deste ano: Antonio Fraguas Fraguas. Un home polifacético que segundo as súas palabras " vivíu por e para Galicia".

Aquí tedes fotos da Macromuiñeira en Navantia e no noso centro e fotos da Gymkana. Os gañadores  desta última levaron un pequeno premio.