Piteas

ACTIVIDADES TIPO I

Presentamos a continuación as actividades tipo I do proxecto "Da palabra á poesía". Por unha banda realizamos unha actividade titulada "Libro dos apelidos", tarefa na que investigamos ao longo do 1º trimestre o significado dos apelidos de todos o nenos e nenas da aula. Esta actividade tivo como produto final un libro viaxeiro, que todo o alumnado levou á súa casa para compartir as aprendizaxes realizadas. Polo tanto esta actividade sería un actividade tipo III que se convirte en tipo I á hora de comezar o noso novo proxecto, xa que pasamos de afondar no significado dos apelidos a estudar e investigar significados de todo tipo de palabras.

Se premedes na imaxe veredes a exposición que fixemos unha vez rematado o libro dos apelidos para disfrute de peques e maiores da escola.

A lectura de "Frederik" de Leo Lionni sería a segunda actividade tipo I, xa que é un libro que achega aos pequenos e pequenas á creación poética.

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO "DA PALABRA Á POESÍA"

O proxecto "Da palabra á poesía" nace a partir dunha actividade recollida no libro de Antonio García Teijeiro “A poesía necesaria” denominada “Banco de palabras” . A proposta é crear un libro de poemas e frases poéticas, con ilustracións. Serán elaboradas de xeito individual e en pequeno grupo e conformarán un libro do que faremos unha pequena presentación ante a comunidade educativa. Distribuiremos copias na escola, por exemplo na biblioteca e nas aulas, así como en determinados lugares do barrio e na biblioteca do Concello. 

Ademais do propio libro en papel, resultado final do proxecto,  publicaremos o formato dixital na web da escola por medio da aplicación Book Creator

Esperamos que vos guste a nosa proposta!

 

Distribuir contido