PRESENTACIÓN DO PROXECTO "DA PALABRA Á POESÍA"

O proxecto "Da palabra á poesía" nace a partir dunha actividade recollida no libro de Antonio García Teijeiro “A poesía necesaria” denominada “Banco de palabras” . A proposta é crear un libro de poemas e frases poéticas, con ilustracións. Serán elaboradas de xeito individual e en pequeno grupo e conformarán un libro do que faremos unha pequena presentación ante a comunidade educativa. Distribuiremos copias na escola, por exemplo na biblioteca e nas aulas, así como en determinados lugares do barrio e na biblioteca do Concello. 

Ademais do propio libro en papel, resultado final do proxecto,  publicaremos o formato dixital na web da escola por medio da aplicación Book Creator

Esperamos que vos guste a nosa proposta!