1º curso

Magosto

Polo Magosto, estivemos a comer castanas todos xuntos no porche do colexio.

¡¡¡Estaban moi ricas!!!

Esfolla

Para seguir traballando o Outono, as colaboradoras do Concello viñeron facer con nós figuriñas con millo para celebrar a Esfolla, festa tradicional galega que consiste na colleita e labor do millo durante o outono.

Puxémoslles ollos, nariz, boca, pelo e ata roupa!!!

Cabazas do Samaín

Tamén polo Samaín fixemos unhas cabazas para a exposición do cole. Puxemos moito empeño e divertímonos moito facendo os monstruíños.

samaín: figuras de pasta de sal

Polo Samaín, e grazas ás colaboradoras do Concello, fixemos unhas preciosas figuras con pasta de sal. Aquí podedes ver que lindas nos quedaron.

Distribuir contido