Skip to Content

Secretaría

ADMITIDOS CURSO 2018/19

Estimadas familias:

Benvidas a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo¡¡¡¡ Sentímonos moi honradas e honrados de que nos escollerádes para escolarizar ao que mais queredes, grazas¡¡¡ Seguirémonos esforzando, para, coa vosa axuda, seguir mellorando a calidade educativa da nosa escola e o benestar dos vosos, e se nos permitides, un chisco, os nosos nenos e nenas....

A continuación e tal coma establece o Decreto 254/2012 e a Orde de 12 de marzo de 2013, que o concreta, modificada pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, publicamos a lista de admitidos e admitidas:

 

 

En arquivo adxunto, tedes a listaxe publicada en imaxe anterior, así coma no taboleiro de anuncios da escola.

Para calquera dúbida ou consulta, estaremos a vosa disposición coma sempre na Dirección e/ou Secretaría do centro, así coma nos teléfonos: 881930137, 881930136 e 981101007.

 

Moitas Grazas pola vosa confianza¡¡¡

ADMISIÓN CURSO 2018/19

Estimadas Familias, Amigos e Simpatizantes:

O vindeiro 1 de marzo de 2018, comeza o proceso de admisión en centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. para o vindeiro curso 2018/19. Eiquí tedes toda a información para matricularvos na nosa escola... Vide visitarnos ... Temos portas abertas durante os meses de febreiro e marzo... Podedes concertar unha visita nos teléfonos 881930138 ou no 981101007...

Anexada a esta nova, tedes toda a información do proceso de admisión, segundo establece o Decreto 254/12 e a orde de 12 de marzo de 2013, modificada pola orde de 25 de xaneiro de 2017.... E para calquera dúbida podedes consultar en secretaría e/ou dirección coma sempre, onde vos proporcionaremos o asesoramento e documentación necesaria...

 

 

 

RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO

Estimadas Familias:

Todas as familias que teñades fillos e fillas en 3º, 4º, 5º e 6º de EP poderedes recoller os libros en secretaría do centro a partires do vindeiro 6 de setembro. Lembrade que:

- Os libros deberánse coidar todo o posible, como facedes sempre. Enténdese coma normal e asúmese o desgaste propio do uso.

- Deberedes de forralos cun forro funxible e que se poida quitar, debemos evitar forros de pegar ou doutro tipo que posteriormente non se poden retirar.

- Os libros deberáos retirar o titor legal do alumno ou un representante, xa que deberá firmar un recibí.

 

Por outra banda lembrade que respecto ao alumnado de EI, o centro tentará, ao igual que o pasado curso financiar o material e compensar esta etapa.

Respecto ao resto do alumnado, os titores nas devanditas entrevistas indicarán ao alumnado e familias o material necesario para este curso.

BENVIDOS a este apaixoante curso 2017/18 que comezamos con mais gañas que nunca¡¡¡

FONDO LIBROS 2017/18 LISTAXE DEFINITIVA

Estimadas Familias:

Anexo a esta nova, tedes a listaxe definitiva de Fondo Libros para o alumnado de 3º a 6º de EP. Lembrade que os que non teñades concedidos todos os libros, serán proporcionados pola vosa escola.

Destacar que TODOS e TODAS deberedes adquirir o activity book de Inglés ao ser un libro funxible e non reutilizable....

 

Recibide un cordial saúdo e para calquera consulta podedes atoparnos nos teléfonos do centro, no noso mail ou no teléfono de atención permanente 981101007

 

 

FONDO LIBROS LISTAXE PROVISIONAL

Estimadas familias:

 

Anexo a continuación, tedes a listaxe provisional de admitidos e excluídos do Fondo Libros para os cursos de 3º, 4º e 5º e 6º de EP. Abrese o prazo de alegacións que finalizará o vindeiro 21 de xullo cando se fará pública a listaxe definitiva.

Lembrade que aqueles que non sexades beneficiarios dos libros de texto por parte do Fondo Libros, o CEIP Plurilingüe O Ramo proporcionará os exemplares precisos, cunha esixencia: mantelos no mellor estado posible para que poidan ser usados por moitos nenos.

LEMBRAMOS que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP deberá adquirir pola súa conta o ACTIVITY BOOK de Lingua Inglesa ao ser material funxible.

 

Recibide un cordial saúdo.

Resultado de imagen de Foto Libros

FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O 22 de maio saiu a Orde do 16 de maio de 2017 que regula o Fondo de Libros de Texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, a Axudas de Libros de Texto para alumnado de 1º e 2º de EP e as Axudas para Material para alumnado de EP en xeral. Anexo a esta nova tedes a normativa.

- Para o alumnado de 1º e 2º de EP, terán dereito as axudas para libros de texto nos seguintes casos.

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: 170 euros.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: 90 euros.

- Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, terán dereito ao Fondo de Libros de texto:

  * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Préstamo de 6 exemplares.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: Préstamo de 4 exemplares.

- Para todo o alumnado de primaria, terá dereito as axudas para material escolar:

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Vale 50 euros.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior a un 65% ou con garda e tutela da Xunta de Galicia terá dereito a totalidade das axudas, con independencia no 1º caso das rendas familiares. No caso do alumnado co anterior grao de discapacidade mencionado, na contía das axudas para libros de texto, terá dereito a un vale de 250 euros.

Anexo a esta nova, tedes o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18, para o alumnado de 1º e 2º de EP, que deberedes adquirir.

O prazo límite de presentación da documentación será o 23 de xuño de 2017, na secretaría do centro proporcionaremos asesoramento e axuda en todo o que precisedes coma sempre¡.

LEMBRADE¡ O CEIP Plurilingüe O Ramo fará un esforzo e proporcionará ao noso alumnado:

- Os materiais necesarios para o vindeiro curso 2017/18 para o alumnado de Educación Infantil (que non é obxecto destas axudas oficiais).

- Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que estén fóra do FONDO de LIBROS.

 

O 29 de maio os nenos levarán unha circular co anexo 1 da normativa que se debe de cubrir e presentar canto antes en secretaría do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración, coma sempre.

 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2017/18

Benvidos á nosa escola¡¡¡

É un pracer para nos poder contar vos o vindeiro curso. Na seguinte lista tedes o conxunto de alumnado admitido para o próximo curso 2017/18.

 

ADMISIÓN CURSO 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O vindeiro día 1 de marzo e ata o 20 comeza o proceso de admisión para o novo curso 2017/18, lembrade que o día 1 de marzo (por ser entroido) e sábados e domingos a inscrición so se poderá facer vía telemática (por sede electrónica), os demais días laborais estaremos encantados de recibirvos na secretaría do centro para recoller as solicitudes de admisión. VIDE A NOSA ESCOLA¡¡¡

ACLARACIÓN LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Debido a confusión destes días respecto ao FONDO de LIBROS, queremos aclarar que: o alumnado que solicitou o FONDO de LIBROS (que cursará 3º, 4º, 5º e 6º de EP) e que foi admitido no mesmo, ten concedidos todos os libros de texto, agás dous cadernos que se deberán de comprar, que son:

- O Activity Book de Inglés.

- O caderno de música.

Calquera aclaración poderedes contactar con nos a través da web da escola, dos teléfonos do centro, ou do teléfono: 981101007.

 

Recibide un cordial saúdo e bó verán.

FONDO LIBROS 2016/17. LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS

Estimadas familias:

Eiquí tedes a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros. Lembramos que teredes que adquirir en todos os casos o Activity Book de Inglés ao ser un libro funxible e de uso persoal e intransferible.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut