Skip to Content

Secretaría

AVISO SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA - CORONAVIRUS

Ante a información ofrecida polo Presidente da Xunta de Galicia, ante os medios de comunicación, o CEIP Plurilingüe O Ramo, comunica a suspensión das actividades lectivas a partires do luns 16/03/2020.

O venres día 13/03/2020 o Centro permanecerá aberto ata as 16:00 h. e serán as familias as que decidan se asisten a clase ou quedan na casa. Quedan suspendidas as actividades extraescolares e o servizo de ludoteca.

Haberá información máis detallada, nas próximas horas, que se poderá consultar a través do Portal das familias (http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado).

DÍAS NON LECTIVOS 20 DE MARZO E 4 DE MAIO

Estimadas familias:

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020, informamos que o CEIP Plurilingüe O Ramo ten autorizados como días non lectivos o 20 de marzo e o 4 de maio de 2020.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Para as familias que desexen visitar o centro con vistas á nova matrícula agardámosvos o venres 28 de febreiro ás 17:15 h. no salón de actos. De non poder asistir ese día, solicitade visita guiada nos meses de febreiro e marzo no teléfono:

881930137 / 881930138

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

O 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013, a Orde de 25 de xaneiro de 2017 e polo Decreto 254/2012. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:

  • Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2019-20.

  • Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

O prazo de entrega das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:

 

  • Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.

  • O alumnado que quere permanecer no mesmo centro ten garantida a praza nese centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro).

  • A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

  • Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO recordarvos que estamos adscritos ao IES de Fene.

 

Os Servizos Complementarios do centro son:

- Comedor, xestionado pola consellería.

- Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.

- Ampla oferta de Actividades Extraescolares: patinaxe, obradoiro de cociña, ximnasia rítmica, ioga, teatro e baile moderno, entre outras.

- Servizo de Madrugadores, xestionados polo centro e o ANPA.

 

 

 

 

MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

MÓVETE MÁIS E ALIMÉNTATE MELLOR

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC)

Hoxe foi un día especial e moi emotivo para nós, o Día Europeo do Deporte Escolar (#ESSD2019). Coa celebración deste día buscamos incrementar e promover a actividade física saudable  no noso centro. Un ano máis tivemos a oportunidade de escoitar, interactuar e aprender dunha deportista de alto nivel. Este ano contounos a súa experiencia a campioa do mundo en 2019 Teresa Barreira Salgado (profe Tere para moitos de nós). Tere ten moitos títulos, pero só na tempada 2019 acadou os seguintes campionatos:

·         Campioa do Mundo Duatlón (G40-44).

·         Campioa de España Duatlón.

·         Campioa Galega Duatlón Cross.

·         Campioa de Europa Máster 40XC Ultramaratón. Ciclismo BTT.

·         Campioa de España Máster 40XC Ultramaratón. Ciclismo BTT.

·         Campioa de España de Raids Élite. Raids aventura orientación.

·         Campioa Galega de Raids Élite. Raids aventura orientación.

Con Tere inauguramos a nosa milla escolar e todos puidemos correr xunto a ela. Grazas Tere por compartir con todos nós  valores deportivos,  sensacións e emocións. Sen dúbida foi e será sempre un día inolvidable no CEIP Plurilingüe O Ramo.Querémoste profe de élite.

#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

 

Estimadas familias:

Lembrámosvos que a semana de portas abertas das actividades extraescolares farase a próxima semana, do 23 ao 27 de setembro (ambos incluídos),  e estará reservada exclusivamente para o alumnado matriculado no noso centro. O alumnado terá que aportar material nas actividades de patinaxe (patíns en liña) e tenis (raqueta).

 As actividades extraescolares comezarán a funcionar  o martes  1 de outubro de 2019. Só se poderán ofertar as actividades que acaden polo menos 8-10 alumnos inscritos. As demais actividades desaparecerán da oferta.  A data límite para apuntarse é o luns 30 de setembro. Ese día publicaremos no taboleiro de anuncios do colexio, na web e no facebook o horario de actividades definitivo.

O horario de actividades da semana de portas abertas é o seguinte:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

16:00-17:00h

 

- Voz Natura

-Zumba

 

 

-Fútbol

-Ioga

 

-Baile

-Cociña

 

-Debuxo

-Multideporte

 

-Iudo

 

17:00-18:00h

 

-Tenis

-Xadrez

 

 

-Teatro

-Robótica

 

-Baloncesto

 

-Patines

 

-Atletismo

-Ximnasia

Rítmica

 

 

Todas as actividades teñen relación co currículum e o proxecto educativo da escola. Ademais, estas actividades coinciden  coa Semana Europea do Deporte, que como sabedes se celebra do 23 ao 30 de setembro, iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea. Este ano, o lema desta semana será #BeActive.

 Especialmente, no CEIP Plurilingüe O Ramo,  imos celebrar entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar (#ESSD2019), buscando alcanzar ese día 120 minutos de actividade física, como broche final desta Semana Europea do Deporte. Así, inaugurará a nosa milla escolar unha deportista de élite, que nos contará a súa experiencia. Tamén, inauguraremos o noso rincón de baile e teremos algunha que outra sorpresa preparada.

#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable 

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019/20

 

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019/20

Estimadas familias, alumnas e alumnos:

O curso 2019/20 comeza xa, e aquí vos agardamos con entusiasmo para comezar a traballar nun curso que, sen dúbida, será apaixonante.

Informámosvos dalgúns aspectos importantes a ter en conta:

INICIO DE CURSO

O curso comeza o mércores 11 de setembro.

O horario  de educación primaria será de 9:30 a 14:30 h.

O horario de educación infantil será de 9:30 a 14:20 h., agás o alumnado de 4º de educación infantil que comezará co período de adaptación.  

As reunións iniciais coas titoras serán o martes 17 de setembro ás 16:30h.

MATERIAL ESCOLAR

O material do alumnado de educación infantil o aportará o centro.

O alumnado de educación primaria poderá levar un estoxo para o primeiro día de clase e na reunión coas titoras informarase do resto de material que deberán traer.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Os servizos de madrugadores, transporte e comedor e comezarán a funcionar dende o primeiro día de clase (mércores 11 de setembro de 2019).

As actividades extraescolares (incluíndo a Ludoteca) comezarán a funcionar  o martes 1 de outubro de 2019. A semana de portas abertas farase a semana do 23 ao 27 de setembro (ambos incluídos) e estará reservada exclusivamente para o alumnado matriculado no noso centro.

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O prazo finaliza o 26 de setembro de 2019.

Toda a información sobre a convocatoria está na páxina web do Ministerio de Educación e FP.

CONSULTAS

Na nosa web tedes cumprida información dos servizos, filosofía e plans do centro. Para calquera dúbida podedes utilizar o noso correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal, os teléfonos 881930137/38 ou acudir á Secretaría ou Dirección do centro.

O horario de atención do ANPA será os luns de 9:30 a 10:00 h. e de 16:00 a 16:30 h. durante os meses de outubro, novembro e decembro.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Estimadas familias:

Informámosvos que xa podedes recoller os libros de texto dos alumnos/as que cursen 3º ou 4º de educación primaria, o luns 9 e o martes 10 de setembro en horario de 10:00 a 14:00h. 

Os cursos de 5º e 6º de educación primaria traballarán no proxecto EDIXGAL, no cal, cada alumno/a disporá dun equipo informático que lle entragarán as titoras no centro unha vez comezado o curso.

SERVIZO DE MADRUGADORES CURSO 2019/20

Estimadas familias:

Xa temos listo o servizo de madrugadores para o vindeiro curso 2019/20. Este servizo comezará a funcionar o 11 de setembro de 2019, primeiro día de curso, e rematará o 19 de xuño de 2020.

Para calquera consulta estamos na Secretaría e Dirección do centro, no correo ceip.oramo@edu.xunta.gal ou nos teléfonos 881930137/38.

Como novidade este ano ofrecerase pan e froita, a maiores dos produtos do curso pasado: leite, zume e cereais, galletas ou magdalenas.

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Estimadas familias:

Informámosvos que tedes publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de Primaria) no taboleiro do centro e na aplicación fondo libros (para solicitudes por vía telemática). Aqueles que non teñades concedidos todos os libros, e esteades na lista de admitidos, serán aportados polo centro educativo, tal e como reflicte a nosa política de apoio ás familias recollida no noso P.E., que podedes consultar nesta mesma páxina.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut