Skip to Content

Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS CURSO 2016/17

Estimadas Famlias:

Eiquí tedes a listaxe provisional do Fondo de libros para o curso 2016/17, contra esta resolución podedes poñer reclamación no prazo de dous días ante a dirección do centro.

Aquelas familias que solicitarades fondo de libros e que entregárades os do pasado curso e bo estado(no caso de estar obrigados a facelo), no caso en que a administración non os cubra, ou soamente cubra unha parte dos mesmos, de acordo coa política do noso centro teredes os libros en préstamo a cargo do centro educativo.

 

Anexo a esta noticia, podedes consultar:

- Listado de admitidos.

- Listado de excluídos.

- Listado de libros de texto para o curso 2016/17, para aquelas familias que non solicitaron formalmente o fondo de libros.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

Estimadas familias:

Tedes adxunto a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2016/17, soamente son os libros de 1º e 2º de primaria, obxecto de axudas. Non se publican os outros debido a que o centro fará un esforzo para o ano e proporcionará libros ao alumnado de 3º a 6º de EP, sempre que soliciten o Fondo de Libros...

FONDO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

A Orde de 27 de abril de 2016 regula o fondo e axudas de libros de texto e materiais para o curso 2016/17 (DOGA de 16 de maio de 2016).

Este curso xunto coa solicitude de Fondo de libros de texto (destinada a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP) e de Axudas de libros de texto (destinada a alumnado de 1º e 2º de EP) solicítase simultáneamente as axudas de material escolar. O prazo de presentación de solicitudes na nosa escola vai dende o 22 de maio de 2016 ao 23 de xuño de 2016, día tope.

Destacar tal e como se estableceu o pasado curso, para acceder ao Fondo de libros de texto deberánse de entregar os libros que foron obxecto de axuda e fondo en perfecto estado de conservación, en concreto, dos cursos de 3º, 4º,5º e 6º de EP. A data de entrega dos libros será do 17 de xuño ao 23 de xuño de 2016.

Para o acceso ao Fondo de libros e Axudas de libros de texto haberá que ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros e para acceder as axudas para material escolar deberáse xustificar unha renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros .

RECOMENDAMOS que todas as familias (de 3º,4º,5º e 6º) solicitedes o Fondo de libros de texto polo amplo banco de libros que dispón o centro.

En breve completaremos esta información cunha circular informativa.

Recibide un cordial saúdo.

 

Benvidos e Benvidas a nosa Comunidade Educativa¡ . Lista Admitidos para o Vindeiro Curso 2016/17

Benvidas e Benvidos a nosa Comunidade Educativa¡. Adxunto a esta noticia tedes a listaxe de admitidos para o vindeiro curso 2016/17.

GRAZAS pola vosa CONFIANZA.

PROCESO DE ADMISIÓN. MATRICULA CURSO 2016/17

Estimados amigos e futuros alumnos:

O vindeiro 1 de marzo de 2016 comeza o período de matrícula de novos alumnos para o próximo curso 2016/17...

Adxuntamos en PDF os requisitos e prazos para formalizar a matrícula, que poderedes facer na secretaría da nosa escola....

CONVIDÁMOSVOS a TODOS a formar parte da nosa maravillosa COMUNIDADE EDUCATIVA.

 

SEGUNDO PRAZO SOLICITUDE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimadas Familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 10 de novembro de 2015 a segunda tanda de petición de axudas para adquisición de material escolar cun importe de 50 Euros para familias cunha renda per cápita inferior a 5400 Euros. Se queredes consultar a orde que regula esta axuda, tédela anexada ao pé desta noticia (Orde de 6 de novembro de 2015).

Para solicitar a axuda soamente tedes que pasarvos pola secretaría da nosa escola

Axudas á adquisición de material escolar.

Estimadas Familias:

Acaba de sair hoxe mesmo no Diario Oficial de Galicia unha axuda para adquisición de material de 50 Euros para familias cunha renda per cápita inferior a 5400 Euros. Se queredes consultar a orde que regula esta axuda, tédela anexada ao pé desta noticia (Orde de 25 de agosto de 2015).

Para solicitar a axuda soamente tedes que pasarvos pola secretaría da nosa escola

RECOLLIDA LIBROS DE 3º e 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias con alumnado escolarizado en 3º e 5º de primaria, a partir do luns 7 de setembro, poderedes vir recoller os libros dos vosos fillos na secretaría da nosa escola. 

IMPORTANTE¡: Pedímosvos que por favor, protexades os libros cun forro que sexa fácil de quitar posteriormente, para que en vindeiros cursos os nenos que veñen, poidan volvelos a utilizar en perfecto estado de conservación.

FONDO LIBROS DE TEXTO Listaxe Provisional Admitidos

Infórmase aos solicitantes do Fondo de Libros de Texto, que todas as solicitudes para acceder ao mesmo foron admitidas. Os interesados poderán recoller os libros entre os días 16 e 17 de xullo ou pospoñer a súa recollida para principios de setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

En documento adxunto tedes publicados os libros de texto para o vindeiro curso 2015/16.

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE PRIMARIA NON COMPREDES OS LIBROS ATA TER NOTIFICACIÓN OU FALAR CON DIRECCIÓN.

Recibide un cordial saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut