Skip to Content

Secretaría

FONDO LIBROS DE TEXTO alumnado de 3º e 5º de Primaria no vindeiro curso 2015/16.

Eiquí tedes unha nota informativa sobre o FONDO de LIBROS de TEXTO que sacou a consellería para o curso 2015-16.

SOLICITAMOS as familias do alumnado que neste actual curso 2014/15 teñan os seus fillos en 2º e 4º de primaria, e queiran solicitar axudas para libros de texto, acudan á reunión que teremos no cole o luns 15 ás 16 horas.

 

AXUDAS LIBROS CURSO 2015/16 para alumnado de 1º,2º,4º e 6º

A consellería acaba de sacar as axudas para libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de EP, as familias que vaiades a ter os vosos fillos nestes cursos o vindeiro ano académico 2015/16, podedes pasar pola secretaría do cole a pedir a documentación precisa para optar aos vales de libros de texto.

No PDF adxunto podedes atopar toda a información precisa sobre esto.

 

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIREDES INSTRUCIÓNS EN BREVE¡

MENÚ XANEIRO

Estimadas familias:

Déixovos o menú de xaneiro de comedor

Saúdos

A dirección

FOLGA DE TRANSPORTE O 21 DE XUÑO DE 2022

Bo día, no día de mañá hai convocada unha folga de transporte.

En principio, despois de conversación mantida co responsable de MONBUS, o noso centro está dentro dos servizos mínimos, polo que NON habería ningunha alteración nas rutas, a menos que se atopen piquetes ou algún conductor se negue a cumprir os servizos mínimos, polo que habería un retraso.

 

Un saúdo

A dirección

MENÚ MES DE DECEMBRO

ALUMNOS ADMITIDOS CURSO 2015/16

Benqueridos e benqueridas familias¡

Eiquí tedes a lista de admitidos para o curso 2015/16, é un pracer darvos a benvida e poder disfrutar da vosa presencia e da dos vosos nenos e nenas para o vindeiro curso.

Sede benvidos e sentídevos xa no voso cole. É un pracer para toda a comunidade de O Ramo contar con vos. Grazas pola confianza¡

Podedes consultar a lisaxe de admitidos no enlace anexo a esta noticia.

PRAZOS MATRÍCULA 2015/16

Moi boas Familias¡

Eiquí, nestes enlaces vos deixamos a publicacíón de datas e requisitos para matricularvos para o vindeiro curso 2015/16. A solicitude de praza para novos alumnos é do 1 ao 23 de marzo.

Para calquera dúbida, non tedes nada mais que chamarnos ao 981360661, ou facernos unha visita polo centro, o cal estaremos encantados de ensinarvos, para que poidades ver as suas moitas virtudes.

Recibide un cordial saúdo.

O Equipo Directivo.

PERÍODO DE ADMISIÓN CURSO 2015/16.

Estimadas familias , informámosvos que aqui tedes os impresos para cubrir respecto á matriculación dos vosos fillos. Ademais tedes colgada a normativa que rexe a matriculación para o vindeiro curso 2015/16.

 

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA 2011/2012

Pinchade no arquivo adxunto para consultas.

Día non lectivo.

16/05/2011 00:00
Etc/GMT

O luns 16 de maio non haberá clase, por ser un dos días elexido polo claustro como non lectivo; polo tanto ata o mércores 18 de maio non voltaremos ó cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut