Skip to Content

Secretaría

PUBLICADA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE COMEDOR

 Estimadas familias:

Xa está publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido a comedor para o vindeiro curso. Esta listaxe non sufriu modificacións en relación á listaxe provisional. Todas as solicitudes están admitidas.

PUBLICADA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDOLIBROS

Estimadas familias:

Hoxe publicamos as listaxes definitivas do Fondo Solidario de Libros de Texto. Pódense consultar a través da aplicación fondolibros, con certificado dixital ou Chave 365. De forma presencial no taboleiro de anuncios do centro. Lembramos que os libros non se entregarán ata o mes de setembro. A asignación de libros é a seguinte segundo correspondan 4 ou 6 libros: 1. Lingua galega. 2. Lengua castellana. 3. Matemáticas. 4. Ciencias naturais. 5. Ciencias sociais. 6. Inglés.

AXUDAS-VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Estimadas familias:

 Informámosvos que podedes recoller no centro os vales para libros de texto e material escolar. Lembrade que é preciso que o recolla a persoa solicitante (pai/nai/titor legal do alumnado).

 Horario de atención: de 10:00 h. a 13:00 h. do 6 ao 15 de xullo.

MATRÍCULA 2020-2021

 Estimadas familias:

 Informámosvos que mañá se inicia o prazo de matrícula para o alumnado admitido en 4º EI (3 anos) para o vindeiro curso. Nos documentos adxuntos tedes unha relación da documentación a presentar.

 Prazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

 Estimadas familias:

 No documento adxunto tedes a listaxe de libros de texto que empregaremos o vindeiro curso.

 Aproveitamos para desexarvos un feliz verán.

CAMPAMENTOS DE VERÁN O RAMO CONCILIA

 Estimadas familias:

 ANPA O RAMO organiza campamentos de conciliación dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, de luns a venres e en horario de 9:00 h. a 14:00 h., durante os meses de verán. Ofértase tamén a posibilidade de Servizo de Madrugadores desde as 8:00 h. As actividades que se propoñen son 100% ao aire libre. Existen prazas subvencionadas pola Deputación de A Coruña. Tedes o contacto, prezos e máis información no adxunto.

FICHA ACTUALIZACIÓN DE DATOS

ADMISIÓN DE ALUMNOS

 Estimadas familias:

Informámosvos que hoxe, 3 de xuño de 2020, publicamos no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2020-2021. Pódense consultar de forma telefónica ou presencial en horario de 10:00 h. a 13:30 h. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o día seguinte da súa publicación. Pasado ese período publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva.

Para a consulta vía telemática podedes facelo na seguinte ligazón a partir do 8 de xuño con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISION > RECUPERAR.

 

No tocante ao procedemento de admisión e matrícula de alumnado de 4º de educación infantil do vindeiro curso:

- Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP Plurilingüe O Ramo está admitido.

- Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut