Skip to Content

FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O 22 de maio saiu a Orde do 16 de maio de 2017 que regula o Fondo de Libros de Texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, a Axudas de Libros de Texto para alumnado de 1º e 2º de EP e as Axudas para Material para alumnado de EP en xeral. Anexo a esta nova tedes a normativa.

- Para o alumnado de 1º e 2º de EP, terán dereito as axudas para libros de texto nos seguintes casos.

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: 170 euros.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: 90 euros.

- Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, terán dereito ao Fondo de Libros de texto:

  * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Préstamo de 6 exemplares.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: Préstamo de 4 exemplares.

- Para todo o alumnado de primaria, terá dereito as axudas para material escolar:

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Vale 50 euros.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior a un 65% ou con garda e tutela da Xunta de Galicia terá dereito a totalidade das axudas, con independencia no 1º caso das rendas familiares. No caso do alumnado co anterior grao de discapacidade mencionado, na contía das axudas para libros de texto, terá dereito a un vale de 250 euros.

Anexo a esta nova, tedes o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18, para o alumnado de 1º e 2º de EP, que deberedes adquirir.

O prazo límite de presentación da documentación será o 23 de xuño de 2017, na secretaría do centro proporcionaremos asesoramento e axuda en todo o que precisedes coma sempre¡.

LEMBRADE¡ O CEIP Plurilingüe O Ramo fará un esforzo e proporcionará ao noso alumnado:

- Os materiais necesarios para o vindeiro curso 2017/18 para o alumnado de Educación Infantil (que non é obxecto destas axudas oficiais).

- Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que estén fóra do FONDO de LIBROS.

 

O 29 de maio os nenos levarán unha circular co anexo 1 da normativa que se debe de cubrir e presentar canto antes en secretaría do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración, coma sempre.

 

AdxuntoTamaño
Orde.pdf1.11 MB
Listado Definitivo Libros Texto.pdf283.36 KB


page | by Dr. Radut