Skip to Content

RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO

Estimadas Familias:

Todas as familias que teñades fillos e fillas en 3º, 4º, 5º e 6º de EP poderedes recoller os libros en secretaría do centro a partires do vindeiro 6 de setembro. Lembrade que:

- Os libros deberánse coidar todo o posible, como facedes sempre. Enténdese coma normal e asúmese o desgaste propio do uso.

- Deberedes de forralos cun forro funxible e que se poida quitar, debemos evitar forros de pegar ou doutro tipo que posteriormente non se poden retirar.

- Os libros deberáos retirar o titor legal do alumno ou un representante, xa que deberá firmar un recibí.

 

Por outra banda lembrade que respecto ao alumnado de EI, o centro tentará, ao igual que o pasado curso financiar o material e compensar esta etapa.

Respecto ao resto do alumnado, os titores nas devanditas entrevistas indicarán ao alumnado e familias o material necesario para este curso.

BENVIDOS a este apaixoante curso 2017/18 que comezamos con mais gañas que nunca¡¡¡



page | by Dr. Radut