Skip to Content

PLAN DE BIBLIOTECA/PROXECTO DE VIDA SAUDABLE: RIBEIRA DE BARALLOBRE

Dentro da PDI A nosa Costa promovida dende o equipo de Biblioteca e o proxecto de vida saudable atópase o coñecemento do entorno mais próximo e as suas importantísimas propiedades educativas, así coma a adquisición de valores para aprender a coidalo coma parte de nós. Así o venres 22 de abril fixemos unha saída a Ribeira de Barallobre, onde poidemos falar cos mariscadores sobre o seu modo de vida, coñecer a Ribeira e as súas especies animais, ver o impacto da contaminación (a cal axudamos a limpar) e por último, axudamos a un amigo, xa veredes...

Saímos do cole con moita ilusión cara a Ribeira de Barallobre, despois de preparar na clase a unidade didáctica da Ribeira...

 

E fomos camiñando cara a Ribeira charlando sobre o noso proxecto, moi ilusionados en un paseo de tan só 10 minutos, que ben¡, temos o cole nun entorno natural moi fermoso...

 

Chegamos a Ribeira e puxémonos a investigar e buscar cousas interesantes do noso entorno...

Traballamos en grupo, lembrade o noso himno: Somos Un Equipo¡

 

Atopámos moitísimas especies autóctonas da Ribeira de Barallobre que estudamos, fotografamos e clasificamos...

Ata atopamos un peixe no fango atrapado, que Xaquín foi devolver ao mar...

 

Atopamos a marca do home, e entristeceunos ver esa contaminación que entre todos retiramos da nosa Ribeira...

Atopamos un Cormorán ferido, especie en perigo, e rescatámolo para que poidese ser coidado por especialistas...

Veu o especialista do centro de preservación da fauna de Oleiros que o levou e curou agradecendo moito o traballo dos nosos nenos... 

Celebración Día da Árbore

Coma parte do noso Proxecto Educativo, participamos todos os anos no día da árbore, fomentando nos nosos alumnos unha cultura de respecto ao medio ambiente e comportamento sostible para respectar a nosa casa e lugar de vida: A Biosfera...

Aarón leu o poema conmemorativo, feito pola clase de 5º de primaria...

 

Plantamos as árbores...

E coma sempre disfrutamos moito aprendendo...

Benvidos e Benvidas a nosa Comunidade Educativa¡ . Lista Admitidos para o Vindeiro Curso 2016/17

Benvidas e Benvidos a nosa Comunidade Educativa¡. Adxunto a esta noticia tedes a listaxe de admitidos para o vindeiro curso 2016/17.

GRAZAS pola vosa CONFIANZA.

Felicitación do Conselleiro de Cultura Educación e O.U. ao noso centro

Estimadas Familias e Simpatizantes:

Dende a Consellería de Cultura Educación e O.U. o Conselleiro Don Román Rodríguez felicitounos polo traballo realizado na política de inclusión e a realización do himno do cole que resalta os nosos valores. Ademais pediunos que fixésemos extensiva esta felicitación a nosa comunidade educativa: alumnos, profes e familias, eiquí tedes a carta:

Canción/Himno de O Ramo

Neste enlace ao noso video podedes ver a nosa filosofía da educación, está feito co corazón....

 

PROCESO DE ADMISIÓN. MATRICULA CURSO 2016/17

Estimados amigos e futuros alumnos:

O vindeiro 1 de marzo de 2016 comeza o período de matrícula de novos alumnos para o próximo curso 2016/17...

Adxuntamos en PDF os requisitos e prazos para formalizar a matrícula, que poderedes facer na secretaría da nosa escola....

CONVIDÁMOSVOS a TODOS a formar parte da nosa maravillosa COMUNIDADE EDUCATIVA.

 

ENTROIDO O RAMO

Un ano mais celebramos o Entoido, pero este ano, de acordo coa nosa metodoloxía por proxectos, os disfraces foron na liña do proxecto de centro mar e terra, e os nenos foron disfrazados de fauna e flora mariña esta ocasión.

Houbo actuacións:

Desfile polo pavillón:

 

E lambetadas típicas da festa:

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2016

No día de hoxe conmemoramos o día da paz, facendo especial fincapé e recordo naqueles nenos do mundo que non teñen a sorte de vivir en paz, lembramos lugares coma Siria, onde os nosos iguais o están a pasar moi mal. Foi moi emocionante e divertido, e ademais contamos coa compañía das familias e o seu apoio coma sempre.... Grazas a todos, a excelencia e calidade educativa alcánzase cando todos participamos: alumnos, profesores e familias.....

 

Fixemos un proxecto onde collimos moitos tipos de palabras......

As malas puxémolas neste bote e tapámolo para que non saian..........

 

As boas puxémolas neste outro e dexámolo aberto para que as nosas pombas mensaxeiras......

As leven a todo o mundo e fagan un mundo mellor e mais pacífico, onde todos poidamos vivir en paz, harmonía e convivencia.....

 

Ademais celebramos un espectáculo......

 

Dous presentadores de excepción: Aroa e Gabriel.....

Un público distinguido: os nosos nenos e familias, desexando ver, desfrutar e compartir...

Os nenos de primeiro cantaron unha fermosa canción.....

Os de 2ºrecitaron un poema sobre a paz e os valores....

Os de 3º fixeron música con percusión corporal, moi educativo e estimulante.... chamábanse os Mayumaramo...

4º fixo unha obra reivindicativa sobre a paz....

 

 

5º e 6º fixeron unha obra de teatro sobre o entendemento e diálogo.... Espectacular rapaces.....

E fixemos unha solta simbólica de pombas pola paz.... Non vos preocupedes son pombas mensaxeiras e saben volver a casiña soas...

Todo foi moi comentado e visto, foi xenial.... GRAZAS POLA VOSA COMPAÑA¡

Feliz Día da Paz¡

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE II PARTE

E continuamos co noso programa da sensibilización da discapacidade/diversidade funcional, esta vez pareceunos fundamental contar con AFAL (Asociación adicada á atención dos enfermos de Alzheimer e/ou Demencia), e preguntarédesvos porqué.... Actualmente este tipo de enfermidades teñen un gran impacto e prevelencia na poboación adulta, sobre todo en anciáns, e os nosos nenos están a vivir estas situacións sen saber moitas veces como enfrontalas, creando un estrés moi elevado nas familias e nos propios nenos, debido a esta necesidade creímos fundamental que unha asociación especializada, da man de profesionais cualificadas (Terapeutas Ocupacionais), nos poderían axudar a preparar ao noso alumnado para enfrontar estas situacións, así o programa constou de:

  1. Contar historias con monicreques: "A avoa precisa biquiños". Para os nenos e nenas mais pequenos.

  2.  Charla sobre Demencia. Específica para nenos de 5º e 6º de primaria.

  3. Realización de un circuíto "Ponte no lugar dunha persoa con enfermidade de Alzheimer." Destinado aos nenos de 5º e 6º de primaria.

A continuación podedes ver algunhas fotos do evento:

 

En definitiva, foi un éxito, e ademais de todo o que aprendemos poidemos constatar os enormes valores e sensibilidade que atesoran os nosos nenos...

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE

Este curso 2015/16 iniciamos o noso programa, que xa cumple 2 anos de sensibilización da discapacidade, cun enorme traballo realizado dende o Departamento de Orientación e dentro deste polo Equipo de Atención á Diversidade, en concreto pola mestra Catu, que xestiona directamente o programa. Coa axuda da asociación ASCM principalmente e de Vida Activa, coordinadas pola Mancomunidade de municipios de Ferrolterra, os nosos nenos tiveron a oprtunidade de coñecer os deportes que practican as persoas con discapacidade ou diversidade funcional e practicalos coma o bogda, slalom de cadeiras de rodas, basket adaptado...... Foi moi pedagóxico e traballaronse os valores da inclusión educativa e social.

Fixemos slalom coas cadeiras de rodas, ensináronnos estupendos colaboradores
 
Respectivamente e de esquerda a dereita, viñeron a apoiarnos o alcalde de Mugardos (Domingo), o nosos alcalde de Fene (Juventino ) e o xerente da Mancomunidade de Ferrolterra (Luis), o seu apoio ao CEIP Plurilingüe O Ramo foi total.
Domingo e Juventino, participaron da festa e da actividade física no slalom co resto dos rapaces
 
Xogamos ao bogda
Fixemos Basket adaptado
 
Rematamos bailando e celebrando unha estupenda xornada de aprendizaxe e inclusión.
 
Grazas as asociacións colaboradoras ASCM e Vida Activa co noso programa de sensibilización da discapacidade, os nosos nenos aprenderon moitísimo...
 
Distribuir contido


by Dr. Radut