Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/18

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

Coma xa é tradicional todos os anos por estas datas ofertamos as nosas maravillosas actividades extraescolares, abertas para todos os nenos e nenas de Ferrolterra. Animámosvos a probalas na nosa semana de portas abertas (do 18 ao 25 de setembro de 2017).... Todas as nosas actividades están en relación co noso proxecto educativo de centro (Proxecto Deportivo de Centro, de Coidado do Entorno, Móvete Máis e Aliméntate Mellor...), e poñemos todo o coidado en programalas... Esperamos sexan do voso total agrado...

Para anotarvos só tedes que mandar un mail a ceip.oramo@edu.xunta.es ou inscrivirvos no teléfono 981101007... ANIMÁDEVOS

 

 

FONDO LIBROS 2017/18 LISTAXE DEFINITIVA

Estimadas Familias:

Anexo a esta nova, tedes a listaxe definitiva de Fondo Libros para o alumnado de 3º a 6º de EP. Lembrade que os que non teñades concedidos todos os libros, serán proporcionados pola vosa escola.

Destacar que TODOS e TODAS deberedes adquirir o activity book de Inglés ao ser un libro funxible e non reutilizable....

 

Recibide un cordial saúdo e para calquera consulta podedes atoparnos nos teléfonos do centro, no noso mail ou no teléfono de atención permanente 981101007

 

 

FONDO LIBROS LISTAXE PROVISIONAL

Estimadas familias:

 

Anexo a continuación, tedes a listaxe provisional de admitidos e excluídos do Fondo Libros para os cursos de 3º, 4º e 5º e 6º de EP. Abrese o prazo de alegacións que finalizará o vindeiro 21 de xullo cando se fará pública a listaxe definitiva.

Lembrade que aqueles que non sexades beneficiarios dos libros de texto por parte do Fondo Libros, o CEIP Plurilingüe O Ramo proporcionará os exemplares precisos, cunha esixencia: mantelos no mellor estado posible para que poidan ser usados por moitos nenos.

LEMBRAMOS que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP deberá adquirir pola súa conta o ACTIVITY BOOK de Lingua Inglesa ao ser material funxible.

 

Recibide un cordial saúdo.

Resultado de imagen de Foto Libros

Admisións Comedor Escolar Curso 2017/18

Estimadas familias:

 

No arquivo adxunto tedes a listaxe co alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/18, no servizo de comedor escolar... Respecto aos non admitidos solicitaremos as prazas necesarias para dar servizo de cara ao próximo curso escolar...

 

Recibide un cordial saúdo.

OLA DE CALOR

Estimadas familias:

Nestes últimos dias as axencias meteorolóxicas están a prever e anunciar unha ola de calor para a vindeira semana en 15 comunidades autónomas entre as cales se atopa a nosa Galiza. Debido a isto queremos trasladarvos as seguintes recomendacións para os nosos nenos, de cara a vindeira semana:

- Que traian auga (unha fonte de hiratación), sabemos que o facedes a maioría, e que moitos (os mais pequenos) teñen o seu vaso aula, pero é importante prever isto, A HIDRATACIÓN CONTÍNUA no caso de moita calor é IMPORTANTE.

- Que traian unha gorra ou pucha, as horas do recreo, son momentos nos que a calor aperta mais.

- É importante, que dende a casa veñan cunha crema de proteción axeitada ante o sol, sobre todo nas zonas de maior exposición: cara, caluga, brazos....

- Pola nosa parte, se o martes e venres, aperta moito a calor evitaremos facer a milla escolar, porque no momento en que se produce é un dos de mais intensidade de calor e de sol.

 

Deixamos un enlace da asociación española de pediatría de atención primaria fronte as accións a tomar coa calor: 

https://www.aepap.org/sites/default/files/noticia/archivos-adjuntos/np_r...

Parece que nesta última semana  de curso o sol nos despide coa súa mellor cara, para celebrar o espléndido curso que xa está a rematar.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, amigos e simpatizantes:

O 22 de maio saiu a Orde do 16 de maio de 2017 que regula o Fondo de Libros de Texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, a Axudas de Libros de Texto para alumnado de 1º e 2º de EP e as Axudas para Material para alumnado de EP en xeral. Anexo a esta nova tedes a normativa.

- Para o alumnado de 1º e 2º de EP, terán dereito as axudas para libros de texto nos seguintes casos.

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: 170 euros.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: 90 euros.

- Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, terán dereito ao Fondo de Libros de texto:

  * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Préstamo de 6 exemplares.

   *Renda per cápita superior a 5400 euros e ata 9000 euros: Préstamo de 4 exemplares.

- Para todo o alumnado de primaria, terá dereito as axudas para material escolar:

   * Renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros: Vale 50 euros.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior a un 65% ou con garda e tutela da Xunta de Galicia terá dereito a totalidade das axudas, con independencia no 1º caso das rendas familiares. No caso do alumnado co anterior grao de discapacidade mencionado, na contía das axudas para libros de texto, terá dereito a un vale de 250 euros.

Anexo a esta nova, tedes o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18, para o alumnado de 1º e 2º de EP, que deberedes adquirir.

O prazo límite de presentación da documentación será o 23 de xuño de 2017, na secretaría do centro proporcionaremos asesoramento e axuda en todo o que precisedes coma sempre¡.

LEMBRADE¡ O CEIP Plurilingüe O Ramo fará un esforzo e proporcionará ao noso alumnado:

- Os materiais necesarios para o vindeiro curso 2017/18 para o alumnado de Educación Infantil (que non é obxecto destas axudas oficiais).

- Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que estén fóra do FONDO de LIBROS.

 

O 29 de maio os nenos levarán unha circular co anexo 1 da normativa que se debe de cubrir e presentar canto antes en secretaría do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración, coma sempre.

 

MAIO 2017

O Maio, festa tradicional galega, é unha actividade complementaria fundamental no noso proxecto educativo, o cal celebramos con ilusión, traballo e aprendizaxe... Ao redor desta festa facemos as alfombras frorais, preparamos o maio e traballamos as tradicións, ensaiamos as representacións e desenvolvemos expresión oral, corporal, exposición... dando o feito educativo un enfoque práctico e motivador....

 

 

Todos os nenos e nenas participaron na elaboración das alfombras florais e do Maio, celebramos a festa das frores...Que fermoso¡¡¡

 

 

Mirade que fermosas quedaron as nosas alfombras frorais¡¡¡ Fixémolas xuntos¡¡¡ E o tema? O noso proxecto de vida saudable: Móvete Máis e Aliméntate Mellor¡¡¡

 

E o noso maio quedounos precioso¡¡¡ Estamos felices de celebralo¡¡¡

Cada clase fixo unha actuación para os compañeiros e compañeiras e para as familias¡¡¡ Conmemoramos o día das Letras Galegas ao noso querido Carlos Casares...

 

Cantamos e bailamos o Maio e rematamos cantando o noso querido Himno Galego e o Himno da nosa escola, o Himno do Ramo¡¡¡

 

 

FOMENTO DA LECTURA / OS MÁIS LEÓNS

No ámbito educativo o aprendizaxe vicario é fundamental¡. Que mellor que para que os nosos nenos e nenas lean que ter a referencia dos seus papas e mamas, figuras esenciais na súa educación... por eso na nosa biblioteca invitamos aos papas e mamas a que nos lean un conto e a verdade estamos encantados¡¡¡

 

Eiquí vemos a nai de Sara e Inés léndolle un conto aos nenos de 6º de Educación Infantil....Que atentos....

 

Por outra banda o Reforzo Positivo é fundamental para afianzar aspectos coma a lectura e desenvolver o hábito lector, por isto dende BIBLIORAMO outorgamos os premios aos Máis Leóns da tempada...

 

 Eiquí temos uns dos nenos máis leóns...aínda que na nosa escola nos encanta ler e participar das actividades da biblioteca...

FORMACIÓN ROBÓTICA APLICADA Á EDUCACIÓN/ESCORNABOTS

Dende a nosa escola coa colaboración do CFR de Ferrol estamos a levar a cabo un curso de formación na utilización e uso pedagóxico dos escornabots. Os escornabots son uns robots básicos cos cales pretendemos ampliar a aprendizaxe das linguaxes do noso alumnado, entre os cales se atopan o linguaxe da programación.

Da man do asesor TIC do CFR e de Tino Fernández, profesor do CIFP Ferrolterra estamos a formar a 9 profesores do noso centro no uso de escornabots e manexo dos mesmos, con moitas aplicabilidades didácticas. Actualmente o CEIP Plurilingüe O Ramo acaba de adquirir 9 escornabots para a mellora e aprendizaxe do alumnado do noso centro neste eido...

 

Eiquí tedes un dos nosos escornabots preparados para introducir e traballar a programa¡ción nas aulas, así coma aspectos psicopedagóxicos coma a direccionalidade, lateralidade, espazo, posición, situación..

 

Eiquí tedes algúns momentos da docencia e obradoiro de montaxe dos Escornabots, así como a mostra da aplicabilidade na aula co alumnado. E vos preguntaredes: Porqué é necesario montar o escornabot?, debido a que así coñecemos o seu funcionamento e o xeito de utilizalo e aplicalo con éxito no aula. Obxectivo: Contribuir á mellora da calidade da ensinanza no noso centro.

Eiquí tedes algunhas das múltiples pezas do escornabot, a derradeira que vedes neste bloque é a placa base, fundamental para o seu funcionamento...

 

Despois da xornada amósase a satisfacción dunha completa xornada de formación. Para o CEIP Plurilingüe O Ramo é unha honra contar cun profesorado tan motivado: 9 profesoras se formaron para implementar esta metodoloxía na aula. Moitas grazas compañeiras¡¡¡.

É un pracer contar coa axuda da estructura de formación do CFR de Ferrol e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para mellorar a calidade do ensino no noso centro...

Proxectos 2º Trimestre

Dende a TV Educativa O Ramo Producións presentamos o video - resumo de algúns dos nosos proxectos do 2º trimestre....

Grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut