Skip to Content

FONDO LIBROS 2016/17. LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS

Estimadas familias:

Eiquí tedes a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros. Lembramos que teredes que adquirir en todos os casos o Activity Book de Inglés ao ser un libro funxible e de uso persoal e intransferible.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS CURSO 2016/17

Estimadas Famlias:

Eiquí tedes a listaxe provisional do Fondo de libros para o curso 2016/17, contra esta resolución podedes poñer reclamación no prazo de dous días ante a dirección do centro.

Aquelas familias que solicitarades fondo de libros e que entregárades os do pasado curso e bo estado(no caso de estar obrigados a facelo), no caso en que a administración non os cubra, ou soamente cubra unha parte dos mesmos, de acordo coa política do noso centro teredes os libros en préstamo a cargo do centro educativo.

 

Anexo a esta noticia, podedes consultar:

- Listado de admitidos.

- Listado de excluídos.

- Listado de libros de texto para o curso 2016/17, para aquelas familias que non solicitaron formalmente o fondo de libros.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS COMEDOR CURSO 2016/17

Anexo a esta nova, tedes a lista provisional de admitidos ao comedor para o vindeiro curso 2016/17. Os non admitidos teñen solicitada a praza ante a Xefatura Territorial, que en breve decidirá o resultado.....

 

PEATONALIZACIÓN ACCESO O RAMO/PROXECTO ESTILO DE VIDA SAUDABLE

Hoxe tivemos o pracer de celebrar na nosa escola unha mesa informativa e de traballo a cal acudiron o Director Xeral de Infraestructuras da Xunta de Galicia, Don Francisco Menéndez, O Delegado da Xunta Don Diego Calvo, o Xefe Territorial de Educación Don Indalecio Cabana, membros da corporación municipal do noso Concello de Fene e o Equipo Directivo. Nesta xuntanza o Director Xeral de infraestructuras aprobou unha inversión nos accesos ao noso colexio de 224.000 euros, cos cales se acondicionará a estrada da nosa escola, se habilitará unha zona verde e se peatonalizará os arredores do colexio para que familias, estudiantes e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar do maravilloso entorno que nos rodea, camiñar cara a escola nalgúns casos e promover o estilo de vida saudable nos exteriores do centro con actividades que se poderán realizar con un entorno mais acondicionado.

Esta partida é unha aposta da Xunta de Galicia con fondos europeos para mellorar a calidade e seguridade das nosas infraestructuras e seguir apostando polo CEIP Plurilingüe O Ramo....

Eiqui tedes unhas fotos da xuntanza moi intensa e aproveitada, así coma os planos provisionais do que será a potenciación e desenvolvemento do noso colexio...

Fotos da mesa de traballo/informativa e acordos

 Fotos dos planos provisionais do acondicionamento da estrada e exteriores do colexio.

Obxectivo: adaptar o entorno a unha escola cun Proxecto de Vida Saudable que promova a accesibilidade e actividade física en período lectivo e non lectivo...

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE/ENCONTRO INTERXERACIONAL

Hoxe levamos a cabo a derradeira experiencia deste curso 2015/16 de sensibilización da discapacidade, e xunto coa asociación AFAL Ferrolterra, levamos a cabo un encontro interxeneracional entre os nosos alumnos e os usuarios de AFAL, foi unha experiencia única e enriquecedora que promoveu os valores da solidariedade e inclusión e da cal os nosos nenos aprenderon moitísimo...

Aos nosos amigos, os maiores de AFAL, encantoulles o noso colexio, as instalacións, os maravillosos exteriores, o proxecto educativo...

Despois asistiron a unha obra de teatro que lles fixeron os nosos nenos de 5º e 6º, AROA botámoste moitísimo de menos recupérate axiña¡¡¡¡¡

E como non cantámoslle o noso himno de O Ramo...

 

 

E, por último, fixemos xogos cooperativos e dinámicos, e pasámolo xenial¡¡¡

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

Estimadas familias:

Tedes adxunto a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2016/17, soamente son os libros de 1º e 2º de primaria, obxecto de axudas. Non se publican os outros debido a que o centro fará un esforzo para o ano e proporcionará libros ao alumnado de 3º a 6º de EP, sempre que soliciten o Fondo de Libros...

MAIO 2016

Este ano celebramos o Maio de maneira moi divertida e aprendendo moitísimo, enlazamos o maio coas letras galegas e fixemos unhas alfombras florais moi fermosas entre todos os nenos e nenas, utilizando o tema do noso proxecto anual A Nosa Costa coma motivos das alfombras...

Tamén podedes ver a canción do maio neste enlace...

 

Fixadevos que alfombras de serrín tintado, con colorantes naturais, fixemos baseándonos no tema da nosa costa e no autor galardoado este ano 2016 polas letras galegas, Manuel María.

 

 Fixemos un maio que nos quedou ben fermoso, non si?

E cantamos e bailamos todos a canción do maio, quedounos xenial, neste enlace tedes o video.....

FONDO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

A Orde de 27 de abril de 2016 regula o fondo e axudas de libros de texto e materiais para o curso 2016/17 (DOGA de 16 de maio de 2016).

Este curso xunto coa solicitude de Fondo de libros de texto (destinada a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP) e de Axudas de libros de texto (destinada a alumnado de 1º e 2º de EP) solicítase simultáneamente as axudas de material escolar. O prazo de presentación de solicitudes na nosa escola vai dende o 22 de maio de 2016 ao 23 de xuño de 2016, día tope.

Destacar tal e como se estableceu o pasado curso, para acceder ao Fondo de libros de texto deberánse de entregar os libros que foron obxecto de axuda e fondo en perfecto estado de conservación, en concreto, dos cursos de 3º, 4º,5º e 6º de EP. A data de entrega dos libros será do 17 de xuño ao 23 de xuño de 2016.

Para o acceso ao Fondo de libros e Axudas de libros de texto haberá que ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros e para acceder as axudas para material escolar deberáse xustificar unha renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros .

RECOMENDAMOS que todas as familias (de 3º,4º,5º e 6º) solicitedes o Fondo de libros de texto polo amplo banco de libros que dispón o centro.

En breve completaremos esta información cunha circular informativa.

Recibide un cordial saúdo.

 

ARTE EN O RAMO II

E por fin despois de moito aprender fixemos o mural da nosa costa e da nosa escola e o lema, é este: O peixe de costa costaleiro é¡¡¡

Arte en O Ramo I

Durante este trimestre no CEIP Plurilingüe O Ramo, estamos a impulsar os nosos proxectos coa maxia da arte, así profundizamos no coñecemento do entorno e da nosa costa, así coma o respecto da mesma, deste xeito contamos co noso amigo e artista Eduardo Hermida, que nos axudou a representar as nosas ¡deas no lenzo...

 

Aprendemos a representar o noso entorno a través do arte...

 

Eduardo Hermida explicounos como é a vida e formación de un artista...

 

E comezamos a facer o noso mural que acabaremos en breve...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut